Libros na Alameda, campamentos na biblio e Noite Branca nos museos
Achégase a recta final do verán e dende Vigocultura reforzan a programación para tódalas idades. Mentres a Feira do Libro Antigo e de Ocasión continúa ata 3 de agosto, na Alameda, en horario de mañá e tarde, as bandas de música e as corais poñen a banda sonora nos barrios. Así, dentro de “Un mar de bandas”, prográmanse concertos en agosto, o venres 1, luns 4 ao mércores 7, e do luns 11 ao xoves 14, ás 20:30 horas, na Praza da Princesa. Do 3 ao 31, por distintos puntos da cidade. Tamén se activa “Un mar de corais”, con actuacións o venres 1 e sábado 2, ás 20 horas na Concatedral.
As bibliotecas abren con programación propia en agosto con preinscrición previa. A municipal Xosé Neira Vilas mantén a proposta “Cita a cegas”, con paquetes pechados para emprestamos, así como obradoiros de maxia, o luns 4 e mércores 6, ás 11 horas. Na Juan Compañel organizan campamentos de verán ata o 5 de setembro, obradoiros tecnolóxicos, de idiomas, artísticos para rapaces en distintas franxas de idade. Amais dispón dunha zona infantil para encontros entre os máis pequenos e coa convocatorioa do concurso de Banda Deseñada.
A Rede Museística Municipal acollea Noite Branca, este sábado, dende as 20 horas ata a unha da madrugada. Haberá visitas guiadas, música e actividades nos sete espazos municipais: Pazo-Museo Municipal “Quiñones de León”, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, o Verbum, o Marco e o Museo Liste-Etnográfico de Vigo, unha iniciativa á que se suman a sede de Afundación e o Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura.
Entre as mostras expostas nestes centros están na Casa das Artes, “Non Fun”. Pilar Alonso, ata o domingo, ou a Fundación Laxeiro, con fondos propios e a “Litografías. Club de la Estampa de Buenos Aires. 1968”; Na Pinacoteca, “A nova colección Colmeiro”, “Impresións de Castelao en Vigo” e “Irene Ceballos”. E no Marco, as obras de Alfonso Galván, Xeración 25 e Laura Lío; e finalmente no Museo Etnográfico Liste expóñense os fondos propios e “Queridos obxectos: nostalxia e sedución”, amais de organizar toda unha serie de actividades para grupos, de inscrición aberta. En Castrelos e no Verbum atópanse as coleccións permanentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último