Leira: 'Marea cometeu un erro en Vigo'

TRAS EL 24-M

redacción vigo
Publicado: 29 may 2015 - 11:02 Actualizado: 30 may 2015 - 12:31
Lois Pérez Leira, de Gañemos.
Lois Pérez Leira, de Gañemos.

O candidato de Gañemos, Lois Pérez Leira, destacou que despois do BNG e Cidadáns ven a súa plataforma, que se auto-liquida.

Como se sente despois do 24-M?

Satisfeito e aliviado. Unha campaña sen recursos económicos, con orzamento cero e cunha precaria infraestructura é moi difícil. O noso foi un milagre.

Esperaba este resultado?

Eu tiña a impresión que fariamos unha boa campaña pero que resultaría case imposible lograr máis de seis mil votos. Nós aspirabamos a obter unha cantidade digna de votos e lográmolo. Buscamo unha alianza con Marea, porén eles non quixeron.

Que opina da Marea?

Cometeu o erro de non ir nunha alianza con Gañemos e algunha outra forza. Na Coruña, Ferrol e Compostela as candidaturas de unidade popular foron un éxito. Nos tres lugares van gobernar. Aquí só tres representantes, nunha cidade obreira e de esquerdas.

A quen responsabiliza?

En primeiro lugar á dirección Podemos de Vigo de que non foi quen de impulsar unha candidatura de Unidade Popular. Logo a Esquerda Unida que novamente cometeu erros de falta de visión política.

Como interpreta o resultado electoral de Caballero?

Non tivo oposición. O BNG foi a súa muleta política e o PP aproboulle os orzamentos e politicamente estivo desaparecido. Caballero utilizou unha potente maquinaria partidaria e inmensos recursos para gañar. E a súa política populista de lousas e xardineiras xerou altos réditos electorais.n

Contenido patrocinado

stats