"A lei do aborto vai saír adiante, porque o feminismo é imparable"
Ángela Rodríguez, secretaria de Estado de Igualdad
“Cada vez que hai unha vítima de Violencia de Xénero é que non chegamos a tempo”
A piques de aprobar la Ley de Libertad Sexual, que considera vítimas de violencia sexual ás de violencia machista, a secretaria de Estado de Igualdad, Ángela Rodríguez (Pontevedra, 1989) visitou onte o set de Atlántico para falar sobre os principais asuntos que ten sobre a mesa. Chegou “impresionada e consternada” tras unha visita ao Centro de Emerxencias para atención ás vítimas de violencia de xénero. “Galicia contará con centros de crises 24 horas para atender a mulleres nesta situación, sen esquecer ás vítimas de explotación sexual; temos que ver as necesidades que hai para estabilizar estas políticas nos orzamentos”, comentou.
Que sensación lle deu o Centro de Emerxencias?
Ten unhas boas instalacións e unhas traballadoras marabillosas que fan unha laboura que temos protexer e coidar. Tamén me xerou unha sensación triste pola situación complicada que teñen estas mulleres, aínda que estar nesta casa significa unha porta para saír da violencia machista. A conclusión que saco é a necesidade de protexer o traballo que fan alí, que teñen que haber máis casas como esta e máis recursos para mantelas sen precariedade. Hai que coidar o que fan, dar un espazo seguro contra a violencia de xénero.
Que se está a facer mal para non rematar con esta lacra? Coñeciamos esta semana uns datos relevantes, no caso de Galicia houbo un incremento do 18% das denuncias en materia de violencia machista. Quero mandar unha mensaxe de tranquilidade, porque esta subida débese á violencia revelada. As macroenquisas feitas dende Igualdade apuntaban a que moita violencia non se denunciaba porque as vítimas non confiaban nas institucións, pero agora xa o fan, polo que eu creo é unha boa nova. Con máis denuncias son máis as mulleres que poden saír desa situación e aí estaremos para acompañalas e darlles unha mensaxe de seguridade.
Imaxinou que ía resultar tan complicado facer política de Igualdade en España?
Un día escoitei dicir a un policía que en violencia machista nunca hai boas novas, porque a única sería que deixen de haber vítimas. Aínda que cada vez hai menos asasinadas e os datos son mellores, creo que nunca será unha boa nova. Cada vez que hai unha vítima é que chegamos tarde. Preocúpame moito que os recursos do Pacto de Estado para as autonomías se destinen a outros fins. Véñenme de ensinar o cartaz dun concerto de Dj organizado con estes fondos, cando deberan de ser os de Cultura. Cos cartos do pacto téñense que facer máis lugares seguros ou ofertar psicólogos infantís.
A baixa por mestruación incapacitante levantou bochas. Agardaba esta reacción?
É resposta que sempre dan os sectores máis reaccionados. A lei do aborto regula as reglas dorosas, de mulleres que non poden ir traballar, non se trata dunha simple dor de ovarios. Non se pode permitir que haxa mulleres que teñen que acudir ao seu posto atiborradas de pilulas. É un avance no recoñecemento dos dereitos das mulleres e tivo as reaccións esperables. A lei do aborto vai saír adiante e amosará que o feminismo neste país é imparable.
Máis en nome dese feminismo pretendeuse parar a lei Trans. Como se explica iso?
Eu son bisexual e feminista, formo parte do colectivo Lgtbi. Os nosos dereitos forman parte dos dereitos das mulleres, pero tamén hai outros por acadar. Para ter fillas e poder rexistralas temos que casar, o que non pasa coas parellas heterosexuais. A Seguridade Social non nos cubre as técnicas de reprodución asistida, as persoas Trans seguen a ser consideradas enfermas, pese a que se sabe que non é así. Agora que estamos moi preto do Día do Orgullo, só quero trasladar que confío en que a lei sexa aprobada en segunda volta polo Consejo de Ministros. Sería unha boa nova para as persoas Trans, pero tamén para o país, aínda que non beneficie a todos.
O aborto que semellaba un dereito consolidado é cuestionado en Estados Unidos. Pode estar en perigo?
Foi un avance das mulleres que agora é cuestionado por poucos xuíces pero con moito poder. Temos que seguir facendo leis e esixir os nosos dereitos, pero como feministas tamén temos que loitar por unha reforma do poder xudicial. Non pode ser que haxa xuíces que segan defendendo que contra a violación as mulleres deben manter as pernas pechadas ou que aborto non é un dereito, así é moi difícil avanzar. Confío en que Estados Unidos atopará unha solución para manter ese dereito.
E coida que España está preparada para o avance que preparan para esta lei?
Non me cabe ningunha dúbida. Non se poden prohibir o aborto, só o aborto seguro, aínda que non haxa unha lei, as mulleres seguiremos abortando como se fixo sempre, as mulleres sempre fomos donas nos nosos corpos e a capacidade de decidir está aquí para quedarse. Temos que seguir a tomar medidas como a pílula masculina.
Case tódalas frontes abertas en Igualdade solucionaríanse con Educación. Sería esta a principal solución?
Para min si. Escoitanse voces da extremadereita dicindo que as violacións acabarían con cadea permanente ou parando a migración, pero o que realmente si evita as violacións é a educación sexual nos colexios, onde se ensine que o noso corpo é noso para facer so o que queiramos. Agora iso non se aprende nas escolas. A obrigatoriedade desta materia é unha das medidas na lei de liberdade sexual a piques de ser aprobada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar