Ledicia Costas presenta a primeira romantisy en galego
Literatura
"Soños de Lunaria" non será traducido a outros idiomas por decisión da autora e é a primeira entrega dunha trioloxía
Ledicia Costa presentou en Vigo "Soños de Lunaria", o primeiro romantasy en galego, que non será traducido a outros idiomas por decisión da autora.
Costas reuniuse onte cun grupo reducido de lectores na Fundación Sales, no bosque de bambú, escenario que tamén aparece na novela. "Por que non apostar agora con este xénero? Creo que aínda sendo diferente mantén temas que sempre trato nas miñas obras”, declarou. Co subtítulo "Coroa de espiño" é a primeira entrega dunha trioloxía.
Sae a primeira edición con 5.000 exemplares, "unha aposta ambiciosa", tal e como recolleu o editor Fran Alonso. “Agardamos que xurda unha arrollada de lectores”, engadiu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
squash/abierto de egipto
Marta Domínguez cayó en primera ronda ante la egipcia Moataz
trail entre pontes
Correr y respirar en Beade
EUROPA LEAGUE
La ‘Vecchia Signora' regresa a Vigo