Kristina Berg, viúva de Carlos Casares, falece aos 64 anos
Morreu vítima dun derrame cerebral e será incinerada hoxe na cidade na máis estricta intimidade
A intelectual e escritora Kristina Berg Casares, viúva do escritor galego Carlos Casares, faleceu onte en Vigo, aos 64 anos, vítima dun derrame cerebral.
A Xunta de Galicia trasladou á familia e persoas próximas as súas condolencias. Tal e como recordou o presidente Alberto Núñez Feijóo a traveso dun comunciado de prensa, Kristina Berg foi sempre unha muller de cultura e unha creadora que, dende a súa Suecia natal chegou a Galicia para construír unha grande obra cultural, literaria e humana ao lado do seu marido, Carlos Casares.
Da man de Casares e de Berg, Galicia recibiu o legado dun patrimonio ético, cultural e humano, a través tanto da súa obra intelectual coma dos seus fillos, Hakan e Christian Casares Berg. Neste campo, a Administración galega recordou o convenio de colaboración que a Fundación Carlos Casares, que presidía Kristina Berg, asinou coa Xunta en xuño do ano pasado para a cesión da biblioteca e do arquivo particular do escritor ourensano aos fondos da Cidade dá Cultura. Con iso, púxose a disposición dos galegos un legado formado por 6.000 libros, 7.000 documentos e 2.500 imaxes.
Segundo a web da editorial Galaxia, vencellada a Berg a traveso da Fundación Carlos Casares, pertencía ao grupo de escritoras que, nacendo fóra de Galicia, se incorporaron activamente nos anos 70 e 80 á literatura galega. A súa desaparición deixa unha pena fonda nos que foron os seus amigos, apuntaron dende Galaxia.
Unha das súas últimas aparicións públicas na cidade foi en marzo, durante o faladoiro sobre o seu home que organizou o instituto Carlos Casares polo seu décimo Cabodano.
Hoxe será incinerada en Vigo na máis estricta intimidade.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último