James Rhodes: “En Tui vou tocar unha peza adicada a Galicia, unha canción de amor de Schumman”
Entrevista
O músico español de adopción James Rhodes visitará Tui-Valença como artista convidado no Ikfem
James Rodhes, o músico español de adopción e candidato preferido a novo galego, volve á terra. Nesta ocasión visitará Tui-Valença como artista convidado no Ikfem. O festival que se celebra neste mes, dende o 16 ata o 20, contará amais con Antonio Orozco, que ofrecerá o concerto inaugural na Fortaleza de Valença. Fillas de Cassandra, Rita Rocha, Perico Sambeat y la Orquestra Jazz de Matosinhos completarán o cartel en espazos cheos de encanto e historia. Rodhes actuará o vindeiro venres 18 na alameda tudense, despois de manter un encontro co público no Balcón Ikfem. Con tal motivo falou para Atlántico, expresando a súa preferencia porque a entrevista fora en galego.
Coñece a cidade fronteira?
Vai ser a primeira vez. Todo o mundo di que é unha marabilla. Son un namorado de Galicia e vai ser un soño tocar a Chopin baixo as estrelas en Tui.
Que repertorio elixiu para a ocasión?
Normalmente os concertos de música clásica son bastante pechados con tres pezas longas, pero eu prefiro contar unha historia. Vouno concibir como unha banda sonora con sete ou oito pezas elixidas polo contexto. Farei o percorrido dende o inferno de Inglaterra ata a miña chegada á Disneylandia que é para min España, un momento clave na miña existencia. A súa hospitalidade levoume a afincarme en Madrid e logo introducirme na España profunda como un individuo romántico. Só hai que escoitar cos ollos pechados para sentir o que sentín eu.
É consciente que coa súa imaxe conseguiu achegar a música clásica a un público máis amplo?
A segregación da música sempre me produciu moito xenreira. Non me gusta que digan que a música clásica como algo moi culto porque non é verdade. Máis que nunca precisamos da música, con tanta actividade e tensión, é fundamental para manter a saúde mental, da igual que sexa Xoel López ou Beethoven.
Hai algunha peza que lle lembre a Galicia?
Vou tocar unha peza adicada a Galicia, pero non vou dicir cal é para que abraien no concerto. A boa xente, a natureza, o mar e o sentido de comunidade pese aos políticos fan de Galicia é o meu refuxio onde escapar.
Pois diga que compositor escolleu para esa homenaxe?
A Shumman que foi un xenio. É unha canción de amor. Ao longo da actuación irei facendo pausas para autorreflexionar dende o escenario e contar o significado de cada peza que desfrutaremos baixo o ceo estrelado.
E xa falando de outra cousa, como vai a procura da súa casa en Galicia?
Sego buscando. O plan era tela localizado antes deste verán, pero non vai pasar. O bonito é o proceso de búsqueda. Viaxar a calquera curruncho coa miña muller e coa cámara de fotos para explorar. Iso é o que adoro.
Prefire mar ou monte?
É complicado, hai tantos sitios con encanto. Dende logo sería incrible a carón do mar, pero tamén no medio da fraga. O único seguro é que só saberei o que quero cando o atope.
O mellor atopa algo en Tui.
Espero poder facer unha ruta aproveitando esta viaxe. É complicado porque chego a noite anterior e marcho a mañá seguinte, pero seguro que podo dar un paseo. De tódolos xeito sempre podo facer unha escapada a Vigo, agora co AVE é máis doado chegar aquí.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez