Instan a manter as tres árbores en Hernán Cortés

A asociación advirte contra o “transplante” dos exemplares

As árbores na urbanización.
As árbores na urbanización.

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo presentou un escrito oficial dirixido ao Concello de Vigo no que expresa a súa fonda preocupación pola posible eliminación de tres árbores de gran porte no ámbito do novo proxecto de urbanización nas rúas Hernán Cortés e María Berdiales. Segundo a información dispoñible, o proxecto inicial contemplaba a conservación expresa destas árbores senlleiras. Porén, Amigas das Árbores alerta de que a promotora estaría a preparar a súa eliminación, empregando o habitual pretexto do “transplante”, “fórmula que xa foi utilizada en anteriores ocasións con resultado fatal para o arborado afectado”. A urbanización xa está en marcha e a asociación puso un cartel na zona de obras avisando da existencia dos tres exemplares.

A entidade Amigas das Árbores lembra o precedente da tala dos cedros da Ronda de Don Bosco, que inicialmente figuraban como “a conservar” e que finalmente foron eliminados durante as obras de humanización. Esta práctica repítese -advirten la asociación- como estratexia para evitar a oposición social durante as fases iniciais das obras. Amigas das Árbores advirte que, de non atenderse esta demanda,valorará emprender accións legais e administrativas, así como iniciar unha campaña de denuncia pública.

Contenido patrocinado

stats