Incutti e María Lois, gañadores na néboa

tríatlon

A localidade de Baiona acolleu onte a cuarta edición do Vertiatlón Solidario, que ten como misión recadar fondos para a escola de vela adaptada do Monte Real Club de Yates.

redacción. vigo
Publicado: 16 sep 2018 - 02:26 — Actualizado: 16 sep 2018 - 12:21
Os participantes entraron á carreira nas augas da localidade de Baiona.
Os participantes entraron á carreira nas augas da localidade de Baiona.

A proba, organizada pola propia entidade náutica, estivo marcada pola néboa que onte cubriu a Ría de Vigo e que restou visibilidade á competición, pero tamén permitiu ós participantes gozar cunha temperatura máis baixa que nos últimos días e que foi ideal para a práctica deportiva.

Tanto nos homes como nas mulleres a vitoria foi para dous deportistas en categoría júnior. Denis Incutti e María Lois subiron ó alto do podio. Na categoría masculina, o representante do Club Natación Riveira mantívose nas posicións de cabeza ata que aproveitou o treito de carreira a pé para soltar ós seus acompañantes. Pola súa banda, Lois tivo que remontar tras unha mala natación e non foi ata os últimos 500 metros cando marchou en solitario.

Na cita participaron douscentas persoas, que permitiu á organización recadar 5.513 euros. Unha cantidade que axudará á vela adaptada.n

Contenido patrocinado

stats