"Dejamos un poco aparcado lo de fiesta de interés turístico"

Manuel Carrera, presidente da comisión de festas de Coia

Publicado: 04 jul 2022 - 22:56 Actualizado: 05 jul 2022 - 11:39

Manuel Carrera, durante a visita ao set de Atlántico TV.
Manuel Carrera, durante a visita ao set de Atlántico TV.

Coia converteuse nestes días no principal punto de lecer da cidade. A recuperación das festas patronais no seu formato pre-covid leva a milleiros de participantes a desfrutar da música e das atraccións. Cando xa entra na súa fase final, o presidente da comisión de festas, Manuel Carrera, visitou Atlántico TV para valorar este nova edición.

Semella que este ano hai máis xente que nunca en Coia.

Tras dous anos, están recuperando o tempo perdido, había moita gana de festa e o tempo acompañounos.

A programación hai propostas para todas as idades. Ten vocación interxenaracional?

Sempre programamos para todos o públicos, traemos unhas orquestras cañeiras e outras máis bailable. Esta edición contratamos ao grupo Asia de Asturias. Logo temos os concertos do mediodía onde as 300 cadeiras quedan curtas, ás bandas gústalles tocar en Coia porque sempre teñen moito público. Non faltan os grupos rexionais, apostamos polos das asociacións de veciños do barrio.

E Panorama como broche de ouro (esta noite). Como se enfrontan a este fenómeno?

Con moito medo tras o que pasou en Ourense. Temos un operativo de protección civil, con ambulancia. Sempre foi así, pero nesta ocasión vemos a xente moi animada; o venres e o domingo, que sempre foron días floxos, desbordouse, como será entón o día grande?

Amais da música, as atraccións sempre foron o forte das festas de Coia. Non falta ningunha.

Se tiveramos máis sitios, poñeríamos máis. A Avenida é un lugar de paseo, a arteria da cidade por onde pasa moita xente que se quedan na polbería ou nos postos.

A maioría das atraccións custan 5 euros. Están un pouco caras.

Eso non depende de nós. Subiron os prezos porque a eles tamén lles subiron a materia prima, a maioría traballa con gasoil e o incremento dos custes sempre repercuten no consumidor. Pero temos o Día do Neno (mañá) con prezos máis baixos. Tamén haberá cucañas e xogos para toda a familia.

Con tanto barullo, como vai o control de ruídos?

Non deixamos que os decibelios pasen de 80. Pero non é só a festa, tamén axuda o tráfico, nun día normal, a medición pode pasar os límites de ruído con picos altos sen haber festa. Levamos anos mitigando a música en todos os postos que teñen que ter a mesma melodía. Imos cun medidor pola festa e chamamos atención ao que se pase, avisándolle que o pechamos. Coas orquestras o mesmo, teñen que dar a medición de todo o concerto, saben que non poden pasar dun nivel e cando os cantantes se veñen arriba é o propio técnico quen os baixa.

É segura a festa? Porque este ano tivo un comezo accidentado.

Non tivo que ver coa festa. Foi unha rencilla familiar que acabou en pelexa cun ferido, pero solucionouse ben. Prestaron declaración e arranxaron entre os clans. Os que viñeron a increpar á familia volveron a Madrid, porque nunca foron feirantes de Coia, tocounos a nós, pero podía ter pasado en calquera outro sitio. A festa de Coia é segura, temos unha empresa privada de seguridade e case todos los cables van por arriba, pero os que non inevitablemente van polo chan levan pasacables, levantan un pouco máis, pero evitan accidentes. É unha festa urbana, temos un torreiro, a praza de Don Prudencio, pero tamén ocupamos a avenida, hai que cumprir moitos protocolos.

El momento máis vistoso foron esos 30 minutos de fogos. Foi espectacular, cada ano queda máis bonito. Despois dun ano traballando é unha satisfacción ver a tanta xente. Ese colofón con Panorama e os fogos dá un subidón. Somos 30 persoas que traballamos durante un ano de forma altruísta, quitándolle tempo ao traballo, ás vacacións e ás familias.

Antes do covid ían candidatarse como Festa de Interese Turístico, como vai o proceso?

En “stand by”. Este ano estivemos a galope na organización porque ata despois de nadal no soubemos se poderíamos celebrala. Deixamos o tema un pouco apartado. Non sei se nos vai a interesar ou non, hai que cumprir moitos requisitos.

E unha festa cara?

Moi cara. Ten que ter plans de seguridade e de evacuación, hai que pagar para elo a un enxeñeiro, contratar unha ambulancia, a seguridade privada, que hai que sumarlle os 80.000 euros das orquestras e os 20.000 dos fogos. Queríamos recortar gastos, pero ao final non podemos quitar nada. A xente segue a colaborar, co pasarrúas aínda houbo quen dos deu a súa achega, é unha raigame antiga que tamén asumen os novos. O Concello danos unha subvención, a Deputación paga parte da banda de música e unha charanga, o resto poñémolo nós con patrocinios e cos postos.

Que lles diría aos que aínda non pasaron por Coia?

Que desfruten con sentido. Non só animamos o Torreiro, levamos os pasarrúas a San Rafael, a San Francisco, aos centros comerciais. Hai festa para todos.

Contenido patrocinado

stats