O IGVS recoñece que a zona verde de Navia tiña que estar rematada

O deputado do BN G Henrique Viéitez formulou unha pregunta oral en Comisión do Parlamento ante a paralización (marzo 2’), das obras na zona verde de Navia e reclamou do Goberno galego a posta en marcha de medidas urxentes para o seu inmediato remate.

Publicado: 17 dic 2010 - 18:35 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:37

O deputado reiterou que a incorporación de 380 novas familias a Navia, ‘acrecenta o malestar’ pola falta de espazos de lecer. Pola súa parte, o director xeral do IGVS, Antonio Boné recoñeceu ‘a responsabilidade da paralización das obras’ admitindo que, ata agora non actuaron como cumpría ao non rescindir o contrato da empresa adxudicataria das obras dunha superficie de 90.000 metros, que deberían estar rematadas.

Contenido patrocinado

stats