Igmig celebra os 25 anos con Reixa, Grande Amore o Lesuit

Antón Reixa, Nuno (Grande Amore), Pablo Lesuit, Lúa Gándara e Queen Rendi participarán na celebración, que marcará o regreso da banda aos escenarios o sábado 28 en Vitruvia Café

Unha das imaxes de “Revolución”, de Igmig, rodado en Vigo.
Unha das imaxes de “Revolución”, de Igmig, rodado en Vigo. | Atlántico

O grupo vigués máis festeiro, Igmig, cumpre 25 anos e fano cunha festa con convidados ilustres. Antón Reixa como Igmig do pasado e Nuno, de Grande Amore, como Igmig do futuro. A celebración coa que a banda regresará aos escenarios o próximo sábado 28 en Vitruvia Café contará tamén co músico vigués Pablo Lesuit, así como Lúa Gándara e Queen Rendi, artistas que colaboraron en distintos traballos do grupo.

Pero a música será só unha parte dunha noite que Igmig concibe como unha festa multidisciplinar, irreverente e chea de sorpresas. A artista circense Paula Quintas realizará distintas intervencións ao longo do evento, mentres que o público poderá descubrir unha exposición de pezas de Liqen, Isaac Cordal e Antía Sánchez, responsables das portadas dalgúns dos traballos da banda. O ceramista Xosé Soubiña, pola súa banda, presentará en directo unha creación especial preparada para a ocasión. A escritora e actriz María Lado será a encargada de conducir esta celebración, na que as performances, o humor e a interacción co público acompañarán a música.

Contenido patrocinado

stats