Homenaxe a Rosalía de Castro no campus de Ourense

A Biblioteca central pasa a levar o nome da insigne escritora galega

No seu compromiso coa igualdade, o campus de Ourense argallou durante este cuadrimestre toda un programa de actividades arredor da celebración o 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

c.r. ourense cristina@laregion.net

Publicado: 07 nov 2013 - 17:43 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:28

Gerardo Marraud, María Lameiras, Salustiano Mato, Inmaculada Valeije e Anxo Angueira durante o acto.
Gerardo Marraud, María Lameiras, Salustiano Mato, Inmaculada Valeije e Anxo Angueira durante o acto.

Entre elas, e coincidindo coa implicación da Universidade de Vigo na conmemoración este ano do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, tivo lugar unha emotiva homenaxe a Rosalía de Castro. Dende agora, a Biblioteca central ourensá pasará a levar o seu nome como un tributo á insigne escritora galega. “Que mellor nome para este centro e para o seu futuro que o de Rosalía de Castro, unha muller que tanto significou e significa para Galicia e para a cultura e a lingua galegas”, destacou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo. En contra de prexuízos, destacaron no acto, a autora foi unha persoa que destacou por defender a independencia, a liberdade, a igualdade e a dignidade do pobo galego pero tamén da muller.

O acto, ao que asistiron numerosos membros da comunidade universitaria e autoridades da cidade, contou coa participación do reitor da Universidade de Vigo; de María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense; de Gerardo Marraud, director da Biblioteca da Universidade de Vigo, e de Anxo Angueira, docente da Universidade e presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Contenido patrocinado

stats