Unha historia de vampiros no ‘Halloween’ galego
BRUJAS Y CALABAZAS
Ramón Veiga presentou un conto de Samaín protagonizado pola súa filla Violeta, con ilustracións de David Sierra
nnn Co tirón do Samaín, Ramón Domínguez Veiga e David Sierra presentaron "Violeta quere ser vampiro", editada por Xerais. Escritor e ilustrador respectivamente, propoñen unha historia ambientada nunha familia normal perante a noite do 31 de octubre: "Representamos un Samaín urbano, porque nós celebramos a festa de tradición celta pero os nenos din o ‘Halloween’ e aínda que aquí os disfraces son de bruxas e monstruos, tamén se impuxeron as chuches". Así explica Domínguez Veiga o seu conto que recolle un feito real, protagonizado pola súa filla Violeta.
A historia está dirixida a grandes e pequenos, xa que según o autor "os nenos no teñen medo de nada, falan da morte con naturalidade, teñen bonecos que son monstruos e ven riquiños aos vampiros". Pero ademáis, no texto hai alusións aos anos 80, a películas como "E.T." ou a alusións a personaxes recoñecibles polos adultos.
Publicado en formato de libro álbum, o texto e as ilustracións van parellas: "En realidade hai dous autores, xa que ambos aportamos ideas e a iniciativa de escribir este conto foi de David", sinala Ramón Domínguez en referencia ao ilustrador, que recoñece que a narración adaptouse as esceas recreadas.
Así, aínda que é unha historia de vampiros, onte o conto de Violeta levou aos nenos ata a maxia do Samaín. "Esta é unha noite perfecta para ler esta trama porque sucede nun día como hoxe (por onte), pero adáptase a calquera data do ano", apuntou o escritor.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último