“Hai un bipartidismo a catro na campaña que exclúe completamente a Galicia”
CARME ADÁN Cabeza de lista de Nós pola provincia de Pontevedra
nnn A viguesa Carme Adán (Donostia, 1966) é licenciada en Filosofía e mestra de Bacharelato, foi deputada polo BNG no Parlamento de Galicia, secretaria xeral de Igualdade e agora opta a deputada en Madrid pola provincia de Pontevedra.
Está Galicia fóra da campaña?
Está absolutamente fóra. Hai un bipartidismo a catro que exclúe completamente a Galicia. Convido ós lectores e lectoras desta entrevista a que repasen cantas veces saliu o nome de Galicia na campaña, xa non quero dicir Vigo coa nosa problemática. En ningún dos debates se está falando da nosa ría, da peaxe da AP-9, da estación intermodal, da perda do porto nodal de Vigo, do noso aeroporto ou dos problemas do hospital Álvaro Cunqueiro.
Por qué hai que votar a Nós?
Porque hai que votar por aquelas persoas que defenden coas súas propostas os problemas reais que sufre esta cidade, esta área metropolitana e esta provincia. Foi Olaia Fernández Davila a primeira que levou o tema da dación en pago, tamén a AP-9, que é central para nós, porque hai moita xente que utiliza a autopista como ferramenta de traballo. Igual que os emigrantes retornados, a pesca ou o sector naval. Onte (polo mércores) estiven en Vulcano e as gradas estaban valeiras. Que hai máis triste que ver unhas instalacións de primeiro nivel mundial valeiras? Na nosa comarca perdimos un 20% de emprego na automoción. Hai uns días estaba cos traballadores de Dalphimetal que pasaron de ser 700 a 50. Os que faltan están deslocalizados en Portugal e Marrocos. Queremos levar eses problemas e as propostas para atallalos ao Congreso como históricamente fixo o nacionalismo.
As enquisas non dan representación a Nós. Como o ven?
A representación temos que conseguila día a día, explicando quenes somos e a necesidade de que Galicia teña unha voz propia. Vexo ilusión, traballo e compromiso. Hai moita xente que se está sumando, hoxe tivemos ó alcalde de Lalín e tamén persoas que individualmente nos mostran o seu apoio. É moi importante ter unha voz propia no Congreso na próxima lexislatura, onde vai haber debates territoriais que Galicia non pode perder.
A desaparición da siglas BNG restará votos?
Dentro da papeleta aparece. Cremos que é unha riqueza que sexamos máis dunha organización política. É un proceso onde diferentes forzas políticas de carácter nacionalista e galeguista como FOGA, Partido Galeguista ou Coalición Galega están dentro, colectivos sociais e culturais e eso suma. Por encima das siglas están as ideas, os principios para ter voz propia no Congreso.
Nós dice que será a voz de Galicia no Congreso, pero Marea dí o mesmo.
Tamén o PSOE dí o mesmo. E o PP. Eu escoitei a Feijóo dicir que é o partido que máis se parece a Galicia. Pero eu me remito ós feitos. No programa de Podemos só vin tres referencias a Galicia e unha é eliminar unha infraestructura e sanear a ría do Burgo e a de Pontevedra e nin sequera fala da ría de Vigo. Espero recoller dignamente o testigo de Olaia Fernández Davila.
E día 21 de decembro e teñen representación no Congreso. Que é o máis urxente?
Cuestións de emprego, a liberalización da peaxe da AP-9 polo que supón de imposto para as mercadorías, unha tarifa eléctrica galega que permita reducir os costes de producción e que evite a pobreza enerxética e un novo sistema de financiamento semellante ó do País Vasco. Para Vigo a estación intermodal, o sector naval e derrogar a reforma laboral e a Lomce, que non aporta nada á educación. Só quero engadir que rexistraremos un estatuto de vítima de feminicidio e que se dote ós xulgados de Violencia. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último