“Habitar o baleiro” invade Castrelos de vida rural

Máis de 50 fotografías de Brais Lorenzo conforman a nova aposta do museo polas exposicións temporais

O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez co artista, Brais Lorenzo, ante a imaxe de Domingo.
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez co artista, Brais Lorenzo, ante a imaxe de Domingo. | Dani Suárez

“Habitar o baleiro” é algo máis que unha exposicións de fotografías. Brais Lorenzo soubo captar a alma do rural galego, tanto no seu abandono e esmorecemento como no seu rexurdir. Onte inaugurou a segunda mostra de fotografía con carácter temporal en Castrelos desta nova etapa da Rede Museística, afianzando a recuperación dunha proposta que tiña disminuido entre a oferta do pazo.

As fotografías realizadas durante máis dunha década en Galicia forma parte dun proxecto xornalístico máis ambicioso, levado a termo por un colectivo que baixo o mesmo nome tenta revalorizar a vida no rural. “Prefiro que falen as fotos, coas que quero amosar as sombras e as luces de aldeas que envellecen, pero onde tamén se xeran propostas de esperanza, queremos por sobre a palestra o futuro do rural, se queremos que sexa a trastenda das cidades con empresas que destrúen como Altri ou querémolo como unha alternativa de vida, onde non sexa un condicionante con menos servizos e con habitantes de terceira”, afirmou o autor.

En dúas salas e un corredor, a imaxes de Brais Lorenzo móstranse en formatos grandes y mediano, coa contraposición constante de cores cálidos e fríos, claros e escuros. Dous rostros destacan sobre os demáis, o de Domingo e o de Auria, esta última, carboeira na aldea de Puxedo en Lobios. Ambos son retratados nun costumbrismo amable que busca documentar unha realidade antes de que desapareza. “Perto de 2.000 aldeas foron abandonadas no rural, é un mundo que está a desaparecer, a zona interior de montaña perdeu o 70% da pobación nos últimos anos”. Na escolma sinala un par de fotografías tomadas en casas pechadas, onde é evidente o paso do tempo.

Auria, a carboeira de Lobios.
Auria, a carboeira de Lobios.

Non falta distintos personaxes do Entroido, pero tampouco as iniciativas de retorno que revitalizan o rural como María José de Silleda.

O propio autor e as súas colaboradoras Claudia Morán e Alba Moledo, coñecen cada historia que hai detrás da cada fotografía: O pastor que mantén as ovellas por gusto; Pedro, o enfermeiro do Folgoso do Courel; Celso, o constructor de corozas de Calvos de Randín ou a parella de Chadrexa de Queixa que posou co seu can, o único que permanece con vida dos tres. “Estas terras son coñecidas como a Siberia galega, non polo frío e a neve, senón pola súa baixa densidade de poboación, mentras na rusa é de 3 habitantes por kilómetro cuadrado, aquí é de 2,8”.

Tamén amosa carros esquecidos, Aceredo, a aldea mergullada por Lindoso que saíu a luz coa seca, os encoros de Muras ou a capela de Santoalla do Monte, onde só reside Margot, a holandesa de “As Bestas”.

A mostra fotográfica complétase con pezas da colección etnográfica do museo: A meleira de Gundivós, dous pezas de metal (leiteira e graxeira), os zocos de madeira da Merza ou unha coroza.

“Habitar o baleiro” permanecerá en sala ata o vindeiro 13 de xullo.

Contenido patrocinado

stats