“Había que demostrar a chieftains que o seu amor por galicia é correspondido”

Gaiteiro vigués. Medalla de Castelao xunto cos Chieftains

Nacemento:

Vigo, 1971

Inicios:

Aos 12 anos tocou coa Orquestra Sinfónica de Lorient.

En 1989 gravou cos Chieftains

Últimos discos dos 11 en solitario: Carlos Núñez & Amigos (2004)

Cinema do mar (2007)

Alborada do Brasil (2009)

Discover (2012)

ANA BAENA. VIGO abaena@atlantico.net

Publicado: 03 jun 2013 - 11:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:27

Carlos Nuñez, cunha das súas gaitas, nos xardíns de Castrelos
Carlos Nuñez, cunha das súas gaitas, nos xardíns de Castrelos

Carlos Núñez salta dun proxecto a outro, case sen tempo de asimilalo. Cando aínda está a ultimar a canción da Volta Ciclista a España, outórganlle a Medalla de Castelao, un dos galardóns insignes de Galicia que premia aos seus fillos máis distinguidos. A cerimonia de entrega será o 28 de xuño, coincidindo co traslado dos restos de Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres. Para o gaiteiro vigués supón unha nova satisfacción, tal e como confesou a este medio.

Como recibíu este recoñecemento?

É unha honra para min e máis vindo da casa. Aínda que non están os tempos para felicitacións, esta medalla éncheme de folgos e forzas para andar polo mundo adiante coas maletas sempre feitas.

Que sexa apartillada con Chieftains supora un dobre gusto.

Estou contentísimo precisamente porque sexa compartida con eles. Sei o que significa para Chieftains sentir que o amor por Galicia é correspondido,había que o demostrar. Está moi ben falar dos vencellos das terras galegas e irlandesas e de Breogán, pero tamén era importante un xesto cara o grupo que fixo posible que a música galega conseguise o único premio Grammy da súa historia.

O cerimonia de entrega é o 28 de xuño. Poderá asistir tendo en conta a axenda de verán que lle agarda?

É certo que temos varios concertos en Estados Unidos, pero penso que poderei recoller a medalla, xa que en xuño aínda andarei por aquí rodando o videoclip e rematando a música da Volta.

Logo os meses de xullo e agosto pasaraos con concertos en distintos puntos de Norteamérica.

Será unha aventura fascinante, con momentos moi interesantes como o concerto que organiza o xornal “The Boston Globe” e no que tocarei coa banda de gaitas dos bombeiros de Boston. Farase unha pequena homenaxe aos participantes na maratón desa localidade.

E para cando en Vigo?

O único que podo dicir por agora é que este verán darei un único gran concerto en Galicia, pero non podo desvelar a cidade.n

Contenido patrocinado

stats