Gustavo García culpa ao fascismo kurdo do ataque ao seu bufete

A esquerda nacionalista, a Asamblea Republicana e o Colexio de Avogados de Vigo condearon esta acción vandálica

Mobles rotos, documentación ciscada por toda a oficina, destrozos de cuadros e pintadas son o escenario dantesco que aínda ofrece o bufete do avogado Gustavo García catro días despois do ataque vandálico no despacho na rúa Mestre Mateo. Continuará sen alterarse “ata que chegue a Policía Científica”, asegurou García.

m.n.. vigo localad@atlantico.net
Publicado: 07 nov 2013 - 09:35 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:28
Gustavo García, no medio do despacho destrozado.
Gustavo García, no medio do despacho destrozado.

O letrado sostén que o destrozo do seu despacho “é obra de fascistas kurdos, porque este radicalismo conta con unha organización internacional moi efectiva”. As primeiras condenas chegaron da esquerda nacionalista: Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Nova Esquerda Galega e o Bloque Nacionalista Galego enviaron onte cadanseu comunicado de repudia.

Para AGE, “trae á lembranza os anos máis duros de represión fascista, cando defender as vítimas ou formas de pensar alternativas tiña un elevado custo para as persoas”. Nova Esquerda Galega solicita a Subdelegación do Goberno que “abra unha profunda investigación dos feitos e de tódolos grupos neofranquistas que actúan na nosa cidade”. O BNG preguntou ao Parlamento galego que medidas van tomar: “Valoramos estes feitos como moi graves e reclamamos que desde todas as instancias se actúe para perseguir aos autores”. Nesa liña se sitúan os comunicados por Asamblea Republicana. En canto o Colexio de Avogados tacha a acción de “atentado á liberdade e independencia profesional” Gustavo García é o secretario da Fundación Galega Contra a Impunidade. Leva entre outros casos a querela en Argentina polos crímes do franquismo.

Contenido patrocinado

stats