Un grupo de afiliados da CIG constitúese en 'corrente sindical' e denuncia 'intereses partidarios' na central
Un grupo de afiliados da CIG anunciou a creación dunha 'corrente sindical' á que denominan 'Galiza Obreira', que será presentado oficialmente o xoves, nunha reunión que se celebrará a partir das 20.00 horas no Museo Verbum de Vigo.
Estes sindicalistas definiron Galiza Obreira como unha corrente 'independente, plural e soberana, ao servizo da clase traballadora galega', e anunciaron que traballarán para 'contrarrestar a tendencia de establecer un grupo hexemónico de poder' no seo da CIG.
Así, critican que, na central nacionalista 'priman máis os intereses partidarios e a pertenza a determinados partidos, fronte ao compromiso, a valía e a militancia sindical'. Entre os afiliados que formarán está corrente, está que fose responsable do Metal, Miguel Anxo Malvido.
Na reunión do xoves, ademais da presentación de Galiza Obreira, explicaranse as razóns que levaron á creación desta corrente, falarase da 'problemática interna' da CIG, e farase unha valoración de pasada folga xeral do 29 de marzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último