O gospel, unha ponte dende Vigo ao pulmón de Nueva York
A cantante viguesa Rebeca Rods presenta o seu novo traballo “Trust in You”, cun videoclip grabado en Central Park
A música pode ser unha ponte para viaxar. Neste caso, o gospel levou a viguesa Rebeca Rods de Vigo a Nueva York. Concretamente, o seu pulmón: Central Park. Hoxe presenta a su nova canción “Trust in You”, do seu quinto álbum Gospel Symphony Vol. II. O videoclip verá a luz unha semana despois, o día 7. Un traballo que custou producido e que sae do mais íntimo do seu interior, posto que realizou practicamente todo o proceso de escritura, son e arranxos para a Budapest Scoring Orchestra. “Empodera moito. Na miña vida fixen tal cousa porque o ritmo de vida e todas as cousas nas que estou metida quítanme todo o tempo”, apuntou Rods. Por iso, o primeiro sempre é especial e deixa anécdotas excéntricas: “Un día antes de ir a Budapest sentei no piano. Empecei a fluír e a escribir e vin que iso tiña moitas posibilidades e gustábame moito. Chamei ao meu productor Carlos e díxenlle que tiña uns arranxos que meter en "Trust in You", e saíu xenial". Terá un formato especial de son, cunha tecnoloxía máis inmersiva para escoitar mellor as cordas, o coro e a voz.
Rods asegura que esa canción naceu para axudar a aquela que a escoita e “está a pasar por un momento complicado. Acompaña as persoas e é un agradecemento a iso que está por riba de nós. Recórdanos que todo pasa por algo”. O volume I foi feito por un coro en Los Ángeles; para este segundo, buscou unha das máis prestixiosas a nivel mundial como é a Budapest Scoring Orchestra. “Conserva a sinfonía doutros traballos e segue con ese cariño e esa esperitualidade”, afirmou.
Elixir Central Park para gravar o videoclip foi máis unha casualidade que outra cousa. Unha moi especial, que só se produce en contacto coa natureza. “Teño outra canción co coro Gospel de Nueva York e dixeron de gravar en Central Park. Cando fixen ese videoclip, sentinme tan conectada con ese lugar que falei coa cámara y díxenlle que íamos quedar un día máis e gravar ‘Trust in You’. Era o lugar perfecto", indicou.
O gospel non se atopa no top de xéneros musicais. Tampouco lle importa a Rods. Ela só busca desfrutar da música a da arte. E, a poder ser, deixar un legado. Ese gran de area iniciouno coa creación dun coro en Vigo, chamado Vigo Gospel Choir. Comezou fai tres anos e “xa se estabilizou, e iso que é difícil facelo. Cada quince días procuro vir, é a miña conexión con Vigo”. Porque o gospel, segundo a viguesa, non vai morrer. Todo o contrario. Atópase máis vivo que nunca: “Por Cataluña ou Canarias teñen moita cultura de canto de gospel. Pode ser que existan uns 200 coros en toda España”.
Rods estivo tres veces en Eurovision. Traballou como vocal coach no programa La Voz e colaborou con artistas da talla de Alejandro Sanz, Raphael ou Laura Pausini. Pero hai un cantante que recorda con especial agarimo. “Fixen uns arranxos con Miguel Ríos para a súa xira polo 40 aniversario. É un músico especial”, asegurou Rods.
Contenido patrocinado
También te puede interesar