Gómez de Liaño e Teijeiro, no xurado do premio Carlos Oroza
O madrileño Ignacio Gómez de Liaño e o vigués Antonio García Teijeiro serán os escritores que comandarán os respectivos xurados para elixir aos gañadores en castelán e galego do primeiro Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza para conmemorar o centenario do nacemento do escritor, sgundo avanzou a delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, durante a presentación xunto ao presidente da Asociación Évame Oroza, Xabier Romero, A representante autonómica fixo o anuncio coincidindo co Día Internacional da Poesía durante un acto no local da Asociación Évame-Oroza, a súa sede no barrio histórico de Vigo tras a adxudicación do concurso celebrado polo Consorcio Casco Vello. Así, Fernández-Tapias avanzou as bases do concurso en dúas modalidades (galego e castelán), cada unha delas cunha dotación económica de 6.000 euros, e un terceiro recoñecemento á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía (premiado cunha obra de arte). O galardón convócase cunha periodicidade bienal e será unha das moitas iniciativas para celebrar o centenario do autor. Desta forma, outro dos actos culturais será unha exposición itinerante que comezará en Vigo o vindeiro 13 de maio, día no que se celebra o centenario do nacemento de Oroza, e percorrerá as principais cidades galegas. Ademais de Fernández-Tapias, Xabier Romero e os escritores Gómez de Liaño e García Teijeiro, no acto de presentación participaron Antón Reixa ou Alberto Avendaño, do colectivo cultural Évame-Oroza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar