'Gentopía', o ensino da igualdade dende o lecer

A Deputación participa no proxecto internacional “Gegame” para desenvolver un videoxogo contra a loita machista

Publicado: 22 nov 2022 - 02:19 Actualizado: 22 nov 2022 - 12:56

O alcalde, Abel Caballero, entre o público, composto por máis de 200 estudantes de Secundaria.
O alcalde, Abel Caballero, entre o público, composto por máis de 200 estudantes de Secundaria.

A unha sociedade en igualdade e contra o machismo tamén ten que pasar por un lecer igualitario. Así, a Deputación participa no proxecto Gegame con representantes de España, Hungría, Irlanda, Turquía, Romanía e Portugal co obxectivo de desenvolver un videoxogo que serva de ferramenta para chegar aos máis novos.

Elaborado por docentes e deseñadores de xogos, a temática xira arredor de Mía, unha extraterrestre natural de Gentopía, onde existe igualdade de xénero. Amosa os contrastes do seu mundo coa Terra en temas de machismo e cada xogada onde se descobra unha desigualdade recibe premio.

Máis de 200 estudantes de Secundaria coñeceron onte o proxecto no auditorio municipal, nun acto que serviu como peche da iniciativa, financiada por Europa cos fondos Erasmus+ 2014-2020. A presidenta da Deputación Carmela Silva fixo fincapé de que “o único modo que temos de cambiar as situacións de desigualdade é que a educación se comprometa e que sexa unha gran prioridade das competencias e contidos que se desenvolven”. Lembrou que o 25 de novembro é o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller e que, no que vai do 2022, “ van 38 mulleres asasinadas”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, resaltou o “novo valor” que ofrecen as novas tecnoloxías para incorporar cuestións “tan importantes como a igualdade”. “Está pendente a revolución da igualdade, hai que centrarse na incorporación das mulleres á sociedade ocupando o lugar que lles corresponde”, subliñou.

Priscila Retamozo, coordinadora do programa Canteira de Igualdade da Deputación, impartiu a conferencia “A igualdade, un asunto no que xogamos moitos”, e sinalou que “Gentopía”, “é un avance, unha maneira de que entendades de que isto non é unha guerra de xéneros, non é ‘chicos contra chicas’”, polo que retou ás e aos estudantes a “sumarse a un futuro mellor ou quedarvos quedos e no pasado”.

La Diputación presenta 'Gegame', un videojuego contra la violencia de género

Contenido patrocinado

stats