García Teijeiro, novo autor do valo de Pereira

Publicado: 15 jun 2022 - 00:00

Antonio García Teijeiro, con Ruy Pereira, onte na presentación da frase.
Antonio García Teijeiro, con Ruy Pereira, onte na presentación da frase.

“As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” é a frase elixida para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar, unha tradición que xa cumpre once anos. O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, é o autor desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases do escritor relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. “O mar non ten paredes. Por iso inventa mil horizontes” e “Cando a lúa chama o mar, deixa a voz na beiramar”, foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora. Onte presentaron a seleccionada nun acto que quixo homenaxear a Domingo Villar, recentemente falecido que tamén participou na iniciativa de Pereira Productos del Ma. “A perda de Domingo Villar é fondísima, foise un dos referentes da literatura galega pero sobre todo unha persoa dunha gran calidade humana, sempre estará no noso recordo”, comentou emocionado Ruy Andrade.

Contenido patrocinado

stats