García Negro reivindica un “Castelao de todos sen falsealo”
A sociolingüista e profesora Pilar García Negro, participou onte na programación do Ano Castelao, organizada polo Museo de Arte Contemporánea. Nun encontro con docentes, puxo en valor o carácter didáctico da obra do de Rianxo: “Tivo unha difusión masiva polo seu gran valor pedagóxico en tódolos seus campos, dende a lingua e literatura, pero tamén na historia, na pintura ou na estética, é unha gran vantaxe para os docentes”
Autora de “Arredor do Castelao no século XXI”, a autora asegura que aínda queda moito que dicir do artista. “Pola súa personalidade é a figura principal do século XX galego, é extraordinario polo seu carácter polifacético, tocando moitas modalidades com pintor, humorista, deseñador, caricaturista, ilustrador ou escritor, e todo isto haino que por en diálogo coa súa vocación política, sempre ao servizo de Galicia e da lingua, que continúo ata no exilio, xa que a partir de 1936 non puido regresar á terra. Loitou polo dereito a un futuro como pobo. As súas actividades non se poden separar desta convicción”.
Á pregunta de se Castelao era nacionalista, a estudosa é rotonda. “Por suposto. Pertencía a unha xeración como a de Vilar Pinto que determina que o rexionalismo do século XIX xa non vale, decláranse nacionalistas e autodeterministas, non aspiran a unha concesión benévola por parte do Estado baixo a que subordinarse, priman un acordo entre nacións dentro do Estado en pé de igualdade e que sexa beneficiosa. Non piden competencias, queren constituíse nun estado de carácter federal ou confederal. Neste contexto o termo galeguista estaba devaluado por servil”.
Explica que sexa reclamado por todos, xa que “é un elemento fundamental da lexitimación política como José Martín. Castelao é un valor indiscutible, mais todos deberíamos coñecelo e iso non acontece, hai un déficit na difusión da súa obra”.
Aproba que poida ser reivindicado por todos, pero puntualiza “sen falsealo, nen trocear, nen defraudar a súa enorme trascendencia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último