A galega que deu o salto das carrilanas ao bobsleigh
vigo
Protagoniza o documental "O tempo futuro", de Xoán Escudero, outro dos vigueses nominados aos Mestre Mateo
"O tempo futuro" aspira ao Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental. O seu director, Xoán Escudero (Vigo, 1981), é un dos doce vigueses destacados nesta edición da gala: "É algo histórico a presenza de tanto vigués, que durante anos tivemos que ir a traballar ao norte pola falta de industria do audiovisual nesta cidade", indica Escudero, para quen a nominación supuso un chanzo importante: "A nominación aos Mestre Mateo deunos visibilidade, porque pese á boa acollida en festivais, tiñamos a sensación de que viu pouco". A productora ‘Y la nave va’ acaba de pechar varias proxeccións en salas de toda Galicia, entre as que están os Multicines Norte que acollerá a cinta en abril.
Escudero chegou ás nominacións coa súa ópera prima, unha primeira película onde conta a loita de Bárbara Iglesias, unha moza de Arcade, piloto bobsleigh (una modalidad de descenso en trineo que se fixo famosa pola participación do equipo xamaicano): "Sempre fun seguidor dos deportes raros e cando lin no xornal que unha galega formaba parte do equipo español, contactamos con ela para acompañala". Así, durante un ano seguiron a Bárbara nas competicións: "O gran mérito da historia é que conseguimos facernos invisibles, deixounos entrar na súa intimidade". O reto é facer partícipe ao espectador da experiencia que vive por toda Europa para tirarse por un tubo de xeo: "Sen nengún tipo de tutela, sen voz en off".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último