Galaxia supera o seu maior reto coa traducción de 'Ulises'

Un equipo traballa no proxecto dende hai seis anos que estará pronto a finais deste outono

Para o director de Galaxia, a primeira traducción íntegra do 'Ulises' de James Joyce será un proxecto sinalado para a editorial: 'Considerámolo como un libro símbolo, á altura de cando Sept publicou a primeira Biblia en galego', sinalou Víctor Freixanes.

ana baena. vigo

Publicado: 13 ago 2013 - 08:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:27

James Joyce considérase o pai da novela moderna coa publicación de 'Ulises'.  (Foto: S.E.)
James Joyce considérase o pai da novela moderna coa publicación de 'Ulises'. (Foto: S.E.)

A obra formará parte da colección Clásicos Universais, pero además a súa presentación coincidirá cunha nova etapa para a editorial Galaxia. A partir de 2014 abrirá liñas exteriores. Levará fora de Galicia as publicacións en castelán de autores galegos como Cunqueiro, Blanco Amor e Rosalía, e noutros casos traducirán os orixinais en galego: 'Faremolo cando así se requira, porque é un labor que non hai motivo para que recaia en editoriais de fora de Galicia', sinala Freixanes.

A traducción do 'Ulises' tamén será un hito porque marcará o inicio desta etapa. O proxecto está na súa derradeira volta antes de que a finais de outono saía a luz. Atrás quedan seis anos de traballo dun equipo escollido de traductores: María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle. 'É unha aventura intelectual e un desafío para os traductores, que son os verdadeiros protagonistas', apuntou Freixanes, para quen a lingua galega conta coa suficiente madurez para afrontar o reto.

A única tentativa de pasar parte desta obra de Joyce ao galego fíxoa Otero Pedrayo en 1926, traducindo algúns fragmentos para a revista 'Nós': 'Era unha xeración que descubría as posibilidades de lingua, experimentaba con ela; hoxe, o galego é sólido, ten un amplo fondo bibliográfico e unha recoñecida escola de traductores', asegura o director de Galaxia. Excusa a elección dos catro traductores no seu perfil complementario, dende a experiencia e axilidade no tratamento de texto similares a sensibilidade dun escritor, presente en Queipo. Asemade, Freixanes destaca o rol de Carlos Lema como coordinador do proxecto: 'O papel dun editor non consiste en por en papel o traballo de outros, Lema é un compoñente fundamental do texto final'.

Contenido patrocinado

stats