Galaxia, 75 anos de proxecto cultural a prol do país e da lingua
Cultura
Galaxia naceu en tempos difíciles, sen liberdades públicas, onde a súa principal preocupación estaba nos ensaios
“Galaxia cumpre 75 anos que con esta biblioteca lle rendemos homenaxe á editorial, a un proxecto cultural e ás persoas que o integran”. Así, Patricia Arias Chachero presentou onte a recuperación de títulos históricos en publicacións revisadas e comentadas co gallo do aniversario do selo editorial. Xunto a Dolores Vilavedra, coordina esta iniciativa que onte se fixo pública nun acto solemne na sede do Real Club Celta.
Nesta selección destaca o número de mulleres reseñadas. “Nesta escolma de títulos era bonita a presenza feminina, xa que na literatura galega contemporánea non hai voces de mulleres ata os anos 50 e as primeiras son en Galaxia”. Arias Chachero sinala “Poetas do Salnés”, “unha colección de libros que nos anos 60 xorde para dar cabida á poesía, un xénero que ata o momento non figura entre os intereses da editorial, o primeiro autor foi un home, pero seguíronlle moitas mulleres”.
Galaxia naceu en tempos difíciles, sen liberdades públicas, onde a súa principal preocupación estaba nos ensaios. “Hoxe os intereses son outros, hai novos xéneros como a novela negra, moitos autores e préstase atención a ámbitos como o da literatura infantil, na que comezou a editorial antes de que o galego estivese incluído como materia de ensino”. Con máis de cen títulos ao ano, chegou aos 75 anos “ampliando expectativas e compaxinando o máis tradicional cos formatos novidosos como os audiolibros”, concluíu Chachero.
A biblioteca Galaxia polos 75 anos conta con dez títulos de distintos xéneros, comezando por obras emblemáticas: “Sempre en Galiza”, de Castelao, comentado por Henrique Montegudo (actual presidente da RAG), os sete ensaios de Rosalía con introdución de María de Cebreiro e a colección infantil de “Toridio”, de Carlos Casares. Tamén se atopa un clásico, “Cociña galega”, de Álvaro Cunqueiro ou a antoloxía popular galega, realizada por Antonio Reigosa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez