Galardón do Xacobeo para os taxistas de Vigo
A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de entregar no Palacio de Congresos de Galicia o premio que recoñece a contribución dos taxistas vigueses ao éxito do Xacobeo 2021-2022. Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatronos do Taxi, foi o encargado de recoller o galardón. Durante o pasado ano circularon na cidade 220 coches rotulados co emblema do Ano Santo froito da alianza entre a Xunta e os taxistas vigueses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último