A Fundación Penzol saca á luz o legado de Ramón Otero Pedrayo
Durante a apertura, destacouse a responsabilidade da Fundación Penzol como depositaria do arquivo documental de Otero
A Fundación Penzol celebrou onte a inauguración dunha exposición bibliográfica adicada a Ramón Otero Pedrayo, organizada en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela no marco da declaración de 2026 como Ano Otero Pedrayo. O acto puxo en valor tanto a relevancia intelectual e humana do autor como o papel fundamental das institucións na preservación do seu legado.
Durante a apertura, destacouse a responsabilidade da Fundación Penzol como depositaria do arquivo documental de Otero, un fondo de grande valor que inclúe centos de referencias bibliográficas, correspondencia con figuras clave do galeguismo, como Castelao ou Cunqueiro, e unha ampla documentación persoal.
A mostra estrutúrase en varios paneis que percorren cronoloxicamente a súa traxectoria vital e intelectual, desde a infancia ata a súa última etapa, pasando polo seu compromiso político e académico. Complétase con vitrinas que exhiben obras, documentos e materiais orixinais. Os comisarios subliñaron que se trata dun proxecto divulgativo pensado para achegar a figura de Otero Pedrayo á cidadanía dun xeito accesible e visual. Ademais, anunciouse que esta é unha primeira versión dunha exposición máis ampla que itinerará por distintas facultades da USC.
“Non esaxero cando afirmo con rotundidade que para nós é de obrigado cumprimento manter presente a Otero Pedrayo, non só neste ano”, señaló Manuel Puga, presidente de la Fundación Penzol.
Contenido patrocinado
También te puede interesar