A fonte de Vilar cumpre cen anos e pide un lavado de cara
Vigo
Os veciños do barrio de Matamá celebraron a efeméride recreando a foto colectiva de 1950 e 1982 no lavadoiro
nnn A parroquia de Matamá ten outro motivo de orgullo patrimonial: a fonte do Vilar cumpre cen anos. Esta fin de semana para celebralo fíxose unha convocatoria aos cen veciños do barrio para recrear as fotos históricas da comunidade, realizadas en 1950 e en 1982. Ambas imaxes coinciden con arranxos feitos da conducto da auga, a primeira co cambio dos canles de adobo orixinais por uns de ferro e a segunda coa sustitución de estos por os actuais de PVC.
Catro anos despois, en 1924, inaugurouse o lavadeiro colectivo con tres pilóns. Amais de ser un exemplo de arquitectura popular galega, o seu valor radica nunha propiedade comunitaria que segue en activo. O conxunto xa centenario precisa un lavado de cara. A cuberta ten pingueiras e os tanques algunha fuga. As columnas encaladas ocultan o granito que os veciños queren recuperar. A actuación suporá un investimento importante, polo que solicitan a colaboración do Concello de da Deputación.
Por Un brote de tifus
A súa construcción xurdíu a iniciativa dos mesmos residentes coas súas mans, tal e como exprica, Aurea García, natural do lugar: “Os meus pais contaban que decidiron traer a auga dende o manancial do monte a causa dun brote de tifus; antes no Vilar consumíase auga da presa que chegaba nun regato e provocou a enfermidade que levou a moitos”.
O mantemento e o control da calidade da auga segue a ser levada polos veciños, que sen unha cota fixa, aportan a vontade. O manancial soterrado nace no monte, a uns 800 metros da fonte. Sae canalizado dende unha galería empedrada a que se accede dende unha arqueta. Tamén son os usuarios os que limpan regularmente (unhas tres veces ao ano) os conductos, afectados principalmente polas raíces dos eucaliptos e as follas que se cuelan na galería. A construcción do cinto da VG-20 secou un dos mananciais que abastecen a fonte.
En compensación lles facilitaron o acceso a outro máis alto, pero aos veciños non lles convence. “En septembro cando empeza a escasear a auga, enganchámonos a outra, pero non ten tan boa calidade”, afirma Aurea, que lembra como ía tódolos días ata o monte cando estaban en obras para controlar o paso: “Xa me coñecían cando me vían chegar, pero ía vixiar que non pasasen os camións de carga pesada por riba do pozo, que aínda o reventaban”.
A auga de fonte pódese beber. Cada seis meses os veciños fan unha analítica para asegurar a súa potabilidade.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez