Foliada en Bouzas para celebrar o Día de Galicia

vigo

A Praza da Vila acolleu a actuación de bailaríns, gaiteiros e pandereteiras do grupo Breogán de Moaña

m.n.. vigo localad@atlantico.net

Publicado: 26 jul 2017 - 02:23 Actualizado: 27 jul 2017 - 04:40

Bailaríns, gaiteiros e pandereteiras do grupo Breogán de Moaña
Bailaríns, gaiteiros e pandereteiras do grupo Breogán de Moaña

A asociación cultural A Vila de Bouzas organizou onte, á mañá, unha foliada en pleno corazón de Bouzas. Co gallo de festexar o Día de Galicia, dende a agrupación convidaron a Breogán de Moaña, que ofreceu unha actuación na Praza da Vila, agora sen vehículos estacionados.

Protexidos do sol pola carpa e as parasoles, un cento de espectadores seguiron o espectáculo folclórico que consistíu na interpretación de pezas tradicionais de baile, acompañados polas cantareiras e os gaiteiros.

Coa a foliada abríuse a programación que dende a asociación teñen preparada para os vindeiros días. Así, a nova cita terá lugar mañá, ás 20 horas, nesta ocasión na Alameda de Suárez Llanos, onde se levará a termo a actividade para os máis cativos "O Recendo dos Contos". O sábado, ás 22 horas, finalizará esta primera quenda de propostas cunha montaxe teatral no Cruceiro Vello, trala igrexa de San Miguel. A obra títulase "Unha de Amor" e estará representada pola compañía de teatro afeccionado Artello teatro.

Contenido patrocinado

stats