O fiscal superior pide xulgados especializados en corrupción
Carlos Varela reclamou onte en Vigo unha maior cultura cívica e un órgano de prevención
O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, estivo onte en Vigo, invitado polo colectivo A Nave das Ideas para disertar sobre a corrupción do sistema.
Nun acto, celebrado no salón de actos da Casa Galega da Cultura que se quedou pequeno para acoller aos asistentes, Varela asegurou que a corrupción é unha enfermidade social, polo que hai que ter informada á cidadanía e contar con sistemas eficaces para prevenir e penalizar. Apuntou que se precisa unha cultura cívica que non acepte prácticas corruptas, aínda que non sexan delictivas. En resposta as demandas dos asistentes que reclamaban unha maior axilidade dos procesos de corrupción, o fiscal superior de Galicia ve a solución a creación de estructuras especializadas: Necesitamos xuíces, fiscais, peritos e policía xudicial especializada, do contrario teremos a batalla perdida
Varela recoñeceu que para que haxa un sistema eficaz é fundamental que sexa rápido; pero temos un problema, xa que mentras somos áxiles nos delitos pequenos, os xulgados bloquéanse cos casos máis graves. Ante esta situación, asegurou que pedimos aos lexisladores os recursos suficientes, pero tamén temos que correxir as deficiencias revisando os sistemas de traballo que quedou anticuado e actualizar un mapa xudicial elaborado no século XIX.Asemade cuestionou a figura do xuíz instructor: Xurdida en época de Napoleón hai que analizar se adapta á realidade de hoxe; pode que se precisasen unha estructura distinta baseada en múltiples xulgados individuais, ao xeito de pequenas illas, e pechou o tema, afirmando que esta restructuración é a asignatura pendente.
Á súa chegada foi recibido por un colectivo de afectados polas preferentes, identificados con camisetas amarelas. Preguntado por que non se tomaron medidas contra a bancalización das caixas e os abusos dos seus consellos de administración, respostou existen unhas reglas do xogo que hai que cumplir, para abrir unha investigación hai que denunciar feitos concretos. Asemade indicou que o problema foi que fallou o mecanismo de control para por coto aos excesos; estase estudando a responsabilidade legal dos membros do Banco de España.
Ante a acusación de ter remitido as denuncias cidadás contra as caixas á Fiscalía Anticorrupción, asegurou que somos un órgano cunha estructura xerarquizada, dende o punto de vista dunha unidade de acción, de defensa da legalidade e dos obxectivos de actuación. O fiscal superior aclarou as dúbidas dos vigueses que pudieron acceder á sala e amosou a súa simpatía aos afectados polas preferentes.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar