Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
O sábado pola mañá haberá festa infantil no colexio Castrillón, e xa dende as seis e media da tarde no palco da festa actuarán os grupos Antoxo, Xente Xoven, Lembranzas da Ría, As Tarambainas, e Meiramar, en tanto que na noite folc o farán Sons do Muíño, Os Chotos, e Fiandola presentará o seu novo disco 'Mimá'.
Xa o domingo, o investigador local Luis Chapela Bermúdez dará o pregón á unha da tarde, despois da actuación da banda de gaitas Tromentelo.
Como cada edición, haberá unha degustación de produtos da parroquia, empanadas de millo, ovos con migas, e visitas ao muíño.
A romaría popular comezará ás tres da tarde, despois acturá Tropa de Trapo, e o grupo Abaladoiro, rematando a festa co sorteo dun xamón entre as persoas que merquen un boleto de axuda á festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar