Festival Revenidas en Vilaxoán
agenda de verano
Vilaxoán acolle do 18 ao 20 de agosto unha nova edición do "Revenidas 2017", un dos RíasBaixasFest que durante este verán están dando a nota musical á provincia de Pontevedra. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia en Galicia pola súa aposta pola música feita en galego e pola súa combinación coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición, non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia, chegando o ano pasado a ter unha asistencia de 15.000 persoas. Nesta 14 edición forma parte dos oito eventos que están detrás da marca Festivais Rías Baixas. Revenidas ocupará a axenda cultural de Vilaxoán durante os días 18, 19 e 20 de agosto con máis de 25 concertos e actividades de balde pensadas para todas as idades. Entre os grupos que actuarán en Vilagarcía de Arousa destacan algúns como La Pegatina, Riot Propaganda, Terbutalina, Skindred ou Bohemian Betyars. A presenza de grupos como Bolboreta, De Vacas, Pupil·es ou Voodoo, catro bandas lideradas por mulleres, amosan a importancia da igualdade neste festival.
Contenido patrocinado
También te puede interesar