Tres festivais de cine vigueses repiten no Rías Baixas Film Fest
A marca arroupada pola Deputación congrega oito citas repartidas por toda a provincia que comezan en abril en Tui
O audiovisual será a partir de abril o protagonista co inicio dos Rías Baixas Fest. A marca acolle a oito festivais, que se desenvolven por toda la provincia, tres deles en Vigo. Comenzará co Play-Doc de Tui, do 26 de abril a 1 de maio, para seguir co Festival de Cans no Porriño (16-20 de maio), Primavera do Cine de Vigo (5-10 setembro); o FicBueu (9- 23 setembro), o Galician Freaky Film Fest de Vigo (22 e 23 e do 27- 30 setembro); o Festival de Cine Inclusivo de Vigo (17-22 outubro), o Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía (27 outubro a 5 novembro) para finalizar con Novos Cinemas en Pontevedra (do 12-17 decembro). “Compromiso, calidade, autenticidade, diversidade e capacidade para construír pensamento crítico”. Así, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo poñer onte en valor aos oito festivais audiovisuais que abrangue a marca Rías Baixas Film Fest.
Coa interpretación de bandas sonoras de “A Misión” ou “O padriño”, a cargo de Erea Carbajales e Susana Blanco, Carmela Silva presentou o inicio destes festivais dos que dixo, “son capaces de mobilizar á sociedade da provincia a través da cultura” cunha marca que vai avanzar na promoción destes festivais en eventos nacionais e internacionais. “Os Rías Baixas Film Fest son unha referencia e unha sinal de identidade dentro é fóra da provincia, pero temos que seguir avanzando”, subliñou ante os e as representantes dos festivais.
A presidenta anunciou unha presentación propia da marca na feira Culturgal “para que a xente de toda Galicia teña coñecemento do que se fai”, así como a posibilidade de ter presenza noutros festivais foráneos.
No acto da presentación, no que se proxectou un vídeo resumo da edición do 2022, interviñeron tamén Nerea Lores, do FicBueu, e Juan de Castro, do Galician Freaky Film Fest. Lores subliñou o feito da recuperación da normalidade trala pandemia e insistiu en que “hai que poñer o foco no noso público e volver a poñer en valor a presencialidade e os encontros coa xente.
Pola súa banda, o vigués Juan de Castro destacou o feito de que un territorio pequeno como a provincia sexa quen de ter festivais “tan diversos, completos e de tanta calidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sorteo de El Niño 2026
Mapa de localidades premiadas en el Sorteo de El Niño 2026
Sorteo de El Niño 2026
El primer premio del Sorteo de El Niño 2026 deja más de 20 millones en Marín y O Porriño
Sorteo de El Niño 2026
O Porriño reparte 24 millones de euros con el segundo premio del Sorteo de El Niño 2026