Vigueses Distinguidos
Manuel Martínez: “Vigo debería tener dos clubes de fútbol sala en la élite”
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza o sábado e domingo a décimo quinta edición da Festa da Cultura na Porta do Sol, un evento xa plenamente consolidado no calendario cultural da cidade. Durante esta fin de semana, o centro de Vigo converterase nun espazo para a expresión artística e cultural, coa participación dun importante número de entidades que integran a Agrupación, e máis de 400 persoas que actuarán sobre o escenario.
Ao longo das dúas xornadas, o público poderá gozar dunha ampla mostra das actividades que desenvolven estas asociacións ao longo do ano, visibilizando así o traballo continuado en prol da cultura tradicional, a música, o baile, o teatro, a artesanía e outras disciplinas.
Nesta edición, a Festa da Cultura incorpora un homenaxe especial a catro destacados membros da Agrupación, que recibirán un recoñecemento público pola súa traxectoria e polo seu compromiso coa cultura viguesa. Vanse nomear coma Socios de Honra da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo: Teodoro Piñeiro Alonso, referente do teatro afeccionado galego e dinamizador cultural incansable dende o grupo de teatro Escoitade de Valladares; José Manuel Oliveira Cabanelas, fundador do grupo Queixumes e destacado bailarín e coreógrafo; Mercedes Dafonte Fontao, mestra e directora con máis de 40 anos de traxectoria formando novas xeracións en Froles Novas; e José Manuel Nogueira Rey, bailarín emblemático e promotor incansable do folclore en Cabral a través da Asociación Cultural O Coto. O acto terá lugar sobre as 20 horas do sábado. A Festa da Cultura se completa coa participación, o domingo, dos regueifeiros Luis “O Caruncho” e Josiño da Teixeira e como gran peche da festa, tamén o domingo, terá lugar un concerto do grupo folk Abóbriga, que poñerá o broche de ouro.
A Festa da Cultura é un evento financiado integramente polo Concello de Vigo e aberto de forma gratuíta a toda a cidadanía.
O alcalde, Abel Caballero, invitou a toda a cidade e recordou que é unha festa que se leva facendo 15 anos. Aí se mostrará “o traballo de 32 colectivos, de 32 formas de facer folclore, teatro e tantas outras cuestións culturais”, dixo.
Neste senso subliñou que “quero invitar a toda a cidade o sábado todo o día e o domingo pola tarde para que estemos todos na Porta do Sol a disfrutar da gran festa da cultura”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar