“A Feira do Libro en Vigo é o meu evento favorito do ano”

Ledicia Costas coincidiu con María Oruña e Arantxa Portabales na Alameda, atópandose entre as máis demandas

Ledicia Costas e Luismi Pérez presentaron o seu libro para público infantil “Bruxas & Dragóns”. Adiantan xa estar coa segunda entrega.
Ledicia Costas e Luismi Pérez presentaron o seu libro para público infantil “Bruxas & Dragóns”. Adiantan xa estar coa segunda entrega. | Juancho Everman

“Tiña moitas ganas de atoparme co público, a Feira do Libro é o meu evento favorito do ano. Ultimamente paso moitos meses fóra e falar un anaco cos lectores e sentirse querida é marabilloso”, afirmou Ledicia Costas, en declaracións a Atlántico. A escritora de Beade mantivo os seus dous actos na Alameda, aínda que ante a alerta vermella pola calor, parte das actividades trasladáronse ao medio do parque.

A característica da feira permítelle reencontrarse con obras de toda a súa traxectoria. “Cando alguén me trae un libro do ano 2000 prodúceme unha estrañeza absoluta, son a mesma autora, pero tamén son outra Ledicia que pasei por procesos vitais que me influiron. É unha sensación moi curiosa”. Amais da sinatura de exemplares, a autora presentou xunto a Luismi Pérez a súa última publicación “Bruxas & Dragóns”, elaborado a catro mans: “Este libro é distinto a todo o que fixen ata agora e non me vía capacitada para afrontalo eu soa, dado a parte lúdica que ten. É unha proposta de fantasía, humor e épica, onde o protagonista non avanza de xeito lineal, xa que a historia ten máis de 50 finais entre os que pode elixir o lector”. O seu compañeiro de autoría, guionista e especialista en xogos de rol, reseña o carácter artesanal do proceso creativo. Sinala a necesidade de guiarse por un árbol de decisións para desenvolver os distintos desenlaces.

Arantxa Portabales convocó a numerosos lectores que fixeron cola para lograr unha sinatura súa, pese á calor de onte.
Arantxa Portabales convocó a numerosos lectores que fixeron cola para lograr unha sinatura súa, pese á calor de onte. | Juancho Everman

Pero a actividade seguía na Feira. Na caseta de Librouro, a compostelana Arantxa Portabales asinou exemplares do seu último libro “Asasinato no muíño do cura”, a segunda entrega dos crimes de Loeiro. “O xénero policial permíteme falar desde dentro para entender o que nos pasa pola mente”, dixo no seu paso polo set de Atlántico TV.

María Oruña e Rafa Valero, falando de “La Cámara de las Maravillas”.
María Oruña e Rafa Valero, falando de “La Cámara de las Maravillas”. | Juancho Everman

María Oruña completou o trío das máis demandas. Xunto á fonte central, falou con Rafa Valero sobre o seu último título “La Cámara de las Maravillas”. Tal y como explicou a autora a este medio na presentación da novela, para ela son os encontros cos autores os que dan sentido ao seu traballo.

Contenido patrocinado

stats