Favec e Delegación da Xunta pechan o obradoiro da memoria
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, clausurou na Asociación Camiño Vello de Coia o obradoiro de memoria organizado pola Federación Veciñal de Vigo (Favec) en colaboración coa Administración galega. Se trata dunha serie de actividades que a federación viguesa está a desenvolver ao abeiro do convenio de colaboración firmado entre a Vicepresidencia Primeira, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais as súas federacións. Neste contexto, a representante autonómica remarcou a aposta do Goberno galego por atender ao asociacionismo veciñal, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local. Así, destacou o interese da Xunta en impulsar o funcionamento da estrutura veciñal, polo que supón de estímulo á realización de actividades que redunden “na procura de ámbitos de convivencia colectiva, de harmonización social e de potenciación dos valores e finalidades socioculturais das organizacións veciñais en Galicia”. Todas as actividades propostas pola Favec, obradoiros de memoria, cursos de informática e cociña, sesións de ioga ou xornadas de conciliación están pensadas e deseñadas para proporcionarlles aos seus asociados a posibilidade de participar e formarse, ao tempo no que contribúen a convivencia. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez