Falece a señora Carmen, a alma das cantareiras do grupo Malvela

VIGO

O grupo de cantareiras Malvela, de Mos, acaba de perder a súa solista, a integrante máis carismática e veterana.

redacción. VIGO

Publicado: 05 ene 2015 - 01:53 Actualizado: 06 ene 2015 - 02:58

A señora Carmen nunha foto de archivo na súa casa en Sanguiñeda.
A señora Carmen nunha foto de archivo na súa casa en Sanguiñeda.

Carmen Pérez Navazal, coñecida como a señora Carmen, faleceu na madrugada deste domingo aos 89 anos de idade. "Muller e artista que deixa unha fonda pegada en todos nós. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica. Nunca a esqueceremos", escribía onte a agrupación musical na súa conta de facebook.

A señora Carmen subiu por primera vez ós escenarios cando pasaba ós 70 anos e ós 82 promocionou o seu primeiro disco en solitario "Na flor dos meus anos" con once cantigas populares e no que colaboraron artistas como Dulce Pontes, Uxía Senlle, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaí ou membros de Treixadura e Berrogüetto.

Esta aventura artística deu comezo cun curso de canto popular impartido por Uxía Senlle ás mulleres de Mos e de ahí xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002. Precisamente Senlle recordaba onte a súa gran personalidade. "Era moi disciplinada", dicía mentras recordaba que cantaba ó tempo que traballaba no campo, ía ó muiño e facía as súas tarefas domésticas.

Ela mesma encargouse de explicalo en numerosas entrevistas, como a concedida hai uns anos a este diario na que contaba que sempre fou unha rapariga moi cantareira, que ía ás festas e que coñeceu novas cancións cando o seu marido mercou unha radio.

enterro en sanguiñeda

A señora Carmen será despedida hoxe ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Sanguiñeda, a terra que a veu nacer hai 89 anos. E alí estarán os seus compañeiros, veciños, amigos e familiares para cantarlle e renderlle unha sentida homenaxe e decirlle "o moito que a queremos". "Na alma se me cravou a raiz do teu querer. Mentres no mundo vivire, outro amor non hei de ter", despedíana onte Malvela nas redes sociais.n

Contenido patrocinado

stats