A faciana máis viguesa do Consello da Cultura Galega

Entre os vigueses no Consello da Cultura Galega entran Ramón Nicolás e Susana Reboredo, que se unen a Alejo Amoedo e a Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra lidera a única candidatura á presidencia do CCG.
Dolores Vilavedra lidera a única candidatura á presidencia do CCG. | Atlántico

A presidencia do Consello da Cultura Galega (CCG) muda o seu equipo. No plenario que se celebrará hoxe tomarán posesión os novos membros da institución e terá lugar a elección da nova presidencia nunha convocatoria á que só accede unha única candidatura encabezada pola viguesa Dolores Vilavedra.

Catedrática de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, especialista en narrativa galega contemporánea, Dolores Vilavedra exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos.

Posúe unha traxectoria profesional vencellada ás letras galegas: Así, formou parte do consello de redacción da revista Grial e dirixiu do Anuario de Estudos Literarios Galegos entre 2002 e 2007; coordinou a elaboración do Dicionario da literatura galega, en 4 tomos. Amais publicou libros como “Historia da literatura galega” (1999), “Sobre narrativa galega contemporánea” (2000), “A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica” (2010), así como a edición de varios epistolarios de escritores e intelectuais galegos, como Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.

É unha muller da casa, xa que dende 2024 é vicepresidenta da comisión executiva do CCG e dende 2017 estivo colaborando en distintas comisións.

A institución que custodia o patrimonio, a cultura e lingua galega, contará con una ampla representación viguesa entre os seus novos integrantes entre os seus quince membros. O musicólogo Alejo Amoedo renova o seu mandato e entran Ramón Nicolás e Susana Reboredo. Entre os saíntes hai outra veciña de Vigo, Carme Adán, que deixa o Consello por agotarse o tempo máximo de permanencia.

Remata aquí un periodo presidido por Rosario Álvarez. Só no primeiro trimestre de ano a institución realizou 27 actividades, 8 informes, dúas publicacións e sete exposicións en nove itinerancias.

Contenido patrocinado

stats