Expertos fiscais e mercantís explican a constitución dunha empresa

O primer Congreso de Constitución de Sociedades, que conta coa participación de Ignacio Tirado, avogado do Banco Mundial, prolongarase ata o 15 de novembro

Tentar darlle resposta e delimitar claramente todas as circunstancias que han de terse en conta á hora de constituír unha sociedade é o obxectivo co que se pon en marcha o 1º Congreso de Constitución de Sociedades, “un encontro que nace para explicarlle ao público, paso a paso, todos os aspectos mercantís e fiscais da constitución dunha sociedade”, explicaron intres antes da súa inauguración os profesores Pablo Fernández Carballo-Calero e Luis Miguel Muleiro, directores do congreso.

redacción. vigo cristina@laregion.net
Publicado: 07 nov 2013 - 17:16 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:28
Pablo Fernández Carballo-Calero, Ana Pita, Ernesto Pedrosa e Luis Muleiro durante o acto de inauguración das xornadas.
Pablo Fernández Carballo-Calero, Ana Pita, Ernesto Pedrosa e Luis Muleiro durante o acto de inauguración das xornadas.

As xornadas contaron tamén coa participación da catedrática Ana Mª Pita, decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, onde se desenvolven as xornadas, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, que destacaron a relevancia de estar ao día neste tipo de cuestións, sobre todo, cando unhas das principais vías de saída da crise é a de emprender e crear unha empresa propia. Entre os asistentes moitos alumnos e alumnas, pero tamén numerosos avogados e asesores.

Con seis días de duración, ata o 15 de novembro, os asistentes as xornadas asistirán a diferentes relatorios. Os requisitos de constitución das sociedades mercantís, impartido polo profesor da Universidade da Coruña Manuel José Vázquez, serviron para arrancar un programa no que tamén se prestará atención, ao papel que xoga o notario, aos diferentes tipos societarios, ao réxime tributario ou a imposición indirecta na actividade empresarial.

Contenido patrocinado

stats