Tres estrelas únense a Mulleres no Foco
A Deputación e CIMA entregaron os premios do audiovisual a Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira
A alfombra vermella desplegouse para acoller os premios “Mulleres no Foco”, organizados pola Deputación provincial de Pontevedra e CIMA. A gala tivo lugar no auditorio de Afundación en Pontevedra. Envolta nunha atmósfera vintage e amenizada por bandas sonoras clásicas, presentáronse os traballos das galardonadas Chelo Loureiro, Paula Cons, e Lucía Catoira, así como das restantes 14 nominadas. Representantes do sector audiovisual e dos ámbitos da cultura, da política, da igualdade, medios de comunicación e da empresa déronse cita nesta gala, na que brillou a música de Sés e que tivo tamén carácter reivindicativo coas intervencións de Carmela Silva e da realizadora Inés París, da Asociación de Mulleres Cineastas CIMA. “Esta gala, subliñou a presidenta provincial, é de recoñecemento ao talento das mulleres do audiovisual; pero e moito máis; é un acto de amor á cultura e á igualdade, os dous conceptos que maior poder teñen de transformación cara a unha sociedade máis xusta, máis digna e máis decente”.
“Somos fortes, estamos de pé e no centro. Somos poderosas, somos únicas, somos a metade do mundo”. Tras esta rotunda declaración, a presidenta provincial enxalzou a traxectoria das tres premiadas, destacando “a mestría e traxectoria” da realizadora e produtora Chelo Loureiro, gañadora de dous premios Goya e activista polo recoñecemento das mulleres no audiovisual; “o traballo infatigable e o talento” de Paula Cons, xornalista, documentalista e directora; e “a mirada comprometida desde a cámara” da directora de fotografía Lucía Catoira. Silva rematou coa lectura dun poema da autora guatemalteca Guisela López sobre a marcha pola vida das mulleres “transformando a realidade” para concluír que “fagamos que siga resoando a nosa voz”.
A realizadora Inés París,primeira presidenta de CIMA, (que agrupa a 300 mulleres do audiovisual) lembrou a importancia dos premios, onde as coroas de loureiro “nunca cinxiron unha fronte feminina, excepto nos concursos de beleza e maternidade; premios non, castigos si”.
As tres gañadoras recibiron os seus premios de mans de Carmela Silva, de Marta Villar, representante de CIMA en Galicia, e de Pilar Alonso, a artista que deseñou os galardóns, que representan un vangardista carrete de cine.
O ambiente de festa corre a cargo de Sarao Animación, que derón a benvida aos asistentes, e das actrices Arantxa Treus e Mónica Sueiro que “reviviron” no Auditorio a Marilyn Monroe e Clara Campoamor.
As gañadoras e as outras candidatas (Manane Rodríguez Rodríguez, Jaione Camborda Coll, Xisela Franco Costas, María Isabel Martínez Martínez, Pilar Comesaña Amado, Micaela Sinde Stompel, Araceli Gonda Cabrera, Tatiana Rodríguez Vázquez, Beatriz Legerén Lago, Andrea Vázquez García, Natividad Juncal Portas, Lucía Estévez González, Adriana Pérez Villanueva e Belén Montero Rodríguez) subiron ao escenario, decorado tamén en cor vermello e adornado con camelias, onde Inés París e Carmela Silva lles entregaron como agasallo a figura coa citada flor deseñada pola artista Ana Tenorio.
O broche da gala estivo a cargo da cantante Sés, que interpretou os temas “Espiña sen rosa” e “A paz esquiva” e deu paso a un concorrido ágape no hall do auditorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez