Os Estopa chegan hoxe ao Festival SonRías Baixas

verano

redacción vigo

Publicado: 05 ago 2017 - 03:27 Actualizado: 05 ago 2017 - 13:07

David e Jose Muñoz, Estopa, estarán hoxe en Bueu.
David e Jose Muñoz, Estopa, estarán hoxe en Bueu.

nnn O SonRías Baixas chega hoxe ao seu día grande cun completo programa de actividades que comezarán ao mediodía na Praia da Banda do Río, en Bueu, cunha nova edición do Casa SonRías, un peculiar restaurante musical no que os Poetarras prepararán Rodaballo guisado e Anguriñas ao allo con gambón, man a man cos cociñeiros de El Rincón de Cela e Ipeansa catering e ofreceranllo ao público asistente en formato tapa.

Na ambientación musical, Guerrera, Hexany, The Soul Breakers e Wöyza. Despois, proxeccións de curtas musicais no Centro Social do mar de Bueu. E, pola noite, pechará o festival unha enerxética noite de concertos, coa rumba festiva dos Estopa, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv, a descarga dos valencianos Zoo, o rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco, e o Dj SonRías.

"La raja de tu falda", "Poquito a poco", "El del medio de Los Chichos", "Como Camarón", "Partiendo la pana", "Vino tinto" o "El Run Run." os irmáns David e Jose Muñoz, Estopa, son autores de moitos dos grandes hits dos últimas décadas no Estado español. O seu último disco, Rumba a lo desconocido, producido co gañador de 12 Grammy Rafa Sardina, subiu tamén axiña ao número un en vendas, conseguindo o dobre disco de Platino e colgando o cartel de "Todo vendido" nos seus concertos de España e América. Hoxe porán a cantar e bailar ao público do SonRías Baixas coa súa música alegre e festiva, capaz de unir a persoas de todas as idades e condicións. n

Contenido patrocinado

stats