Cinco especialidades médicas e as farmacias, unidas contra o asma
vigo
Por vez primeira, especialistas de diversas disciplinas médicas del área sanitaria con implicación no tratamento da asma pneumólogos, alergólogos, pediatras, médicos de urxencias e médicos de familia) e as farmacias comunitarias viguesas, se unen nunha campaña conxunta cun obxectivo común: mellorar o control da enfermidade nos pacientes asmáticos.
Con motivo do Dia Mundial da Asma que se celebra hoxe, os facultativos organizaron unha campaña de concienciación sobre o axeitado uso da medicación de rescate entre estes pacientes. Segundo explica o promotor desta campaña, o xefe de servizo de Pneumoloxía, Alberto Fernández Villar,“ é coñecido que ata un 60-70% dos asmáticos non presentan un adecuado control da súa enfermidade, sendo relativamente frecuente o uso en exceso de medicación de rescate ou alivio en pacientes que deberían de recibir, ademais, un tratamento de mantemento pautado. Este sobreabuso desfavorece o control da enfermidade, aumenta o risco de exacerbacións graves e implica un deterioro progresivo da función pulmonar”.
Outra das actividades para conmenorar o Día Mundial da Asma, é unha xornada de Portas Abertas organizada polo servizo de Alergoloxía no Meixoeiro o próximo venres. Instalarán Mesas informativas nas consultas externas, e as persoas que queiran achegarse serán informados polos profesionais sanitarios sobre esta enfermidade, e terán a oportunidade de resolver as súas dúbidas e de realizar probas de función respiratoria.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último