Escuchando Elefantes: “Ás veces é bo caer ao abismo”
Silvia Rábade e Carlos Tajes presentaron a súa primeira canción en galego, “Arder”, inspirada polo desacougo dos incencios forestais
Escuchando Elefantes cumpre 20 anos facendo música e hai uns días estrearon a súa primeira canción en galego. “Realmente a temática non permitía outro xeito, saíu así. Sempre fomos de deixarnos levar pola música, que xorda con liberdade”, explica Silvia Rábade, que onte estivo en Vigo con Carlos Tajes.
“A orixe de ‘Arder’ foi un paseo que estabamos dando polo monte tras tocar na Costa da Morte. Estaba todo queimado, un desacougo, de ía xurdiron os primeiros versos 'Galicia non para de arder”, apunta Tajes.
Ambos consideran que a destrución tamén pode ser “cromaticamente fermosa, dende o punto de vista visual”, aínda que Rábade vai máis alá é considera que “ás veces é bo caer no abismo para cambiar; a nivel artístico para a deconstrución, primeiro ten que haber destrución. Xogamos un pouco con esa idea, no estribillo cantamos á felicidade máis absoluta”.
O videoclip, dispoñible na súa canle de Youtube, está rodado en distintas localizacións de Galicia e conta coa participación de Touriñán, María Vázquez ou Ledicia Sola, amais de Alberto, un bombeiro da Coruña. “Foi a gravación máis longa que fixemos, saen cincuenta espazos naturais de Galicia. É unha terra moi cromática, dunha beleza tremenda. Sempre presumimos de ser galegos”.
Cumpren dúas décadas xuntos no mundo da música e para Silvia están nun gran momento. “Son moi ambiciosa, teño ganas de facer moitas cousas, de coñecer e de seguir. É importante recoñecer os malos tempos, pero tamén de ser positiva. Creo que ese entusiasmo se contaxia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar