Episodios vigueses
Pepe Iglesias “El Zorro” y Pepe Vázquez en Radio Vigo
MIGUEL ANXO SEIXAS Autor de “Castelao. Constructor da nación”
Miguel Anxo Seixas Seoane (Arzúa, 1960), guionista da Televisión de Galicia, presentou en Vigo a súa primeira entrega de “Castelao”. Foi coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, ten no seu haber ensaios sobre Rosalía ou Ánxel Casal, así como a colaboración en obras colectivas.
Que aporta esta biografía á figura de Castelao?
É a ampliación da tesa de doutoramento presentada en Santiago en 2017 e agora escrita para a cidadanía. Este, o primeiro de tres tomos, aborda dende que nace ata 1930. Facer unha biografía de Castelao rigurosa e documentada é moi complicado porque hai que procurar as súas pegadas en moitos escearios (Rianxo, La Pampa, Compostela, Madrid, Pontevedra, Nueva York, Cuba, Buenos Aires, Montevideo ou París). Foi como a reconstrucción dun naufraxio ou a recollida das follas ciscadas dunha árbore. É un home fascinante, que sen apoio fixo un grande labor por Galicia.
Pensa que foi o pai da nación?
Foi consciente de que Galicia é unha nación, había que a construir dende a arte, a economía o dereito e loitou polo idioma, que é determinante,pois se se deixa de falar o galego, a nación estínguese.
É o Da Vinci galego?
É un personaxe moi completo e moi bo. Destacou como artista, nos debuxos que publicou en Vigo e como escritor, “Cousas da vida” converteuse nun referente das Letras. Con Rosalía son os dous símbolos de Galicia, soterrados no Panteón dos Galegos Ilustres.
Que ten para que tódolos partidos o tomen como seu?
É un prodixio, ninguén lle discute a súa importancia. Era bo, valente, xeneroso. Calquera ten unha débeda con Castelao, dende o Estatuto, á literatura ou á arte. Amais, eticamente era irreprochable. Non ten sombras, non se lle pode atopar un escándalo.
Canto lle levou esta investigación?
Levo escribíndoa sete anos e recopilando datos, uns 20, aínda que non de xeito constante. Fun acumulando material, restos do naufraxio ata que me decidín a reconstruir o barco, cunha visión completa do personaxe e do seu tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último