A Escola das Letras presenta o seu terceiro froito literario
“Tes cinco minutos. 3”, o terceiro volume saído da Escola de Letras xa está na rúa. A iniciativa promovida pola institución provincial e a Editorial Galaxia, finaliza coa publicación de relatos dos seus alumnos. Onte, na sala Rosalía, presentouse nun acto, previo ao Día do Libro, coa intervención de varios e varias participantes que leron os seus textos. Estiveron acompañados da música tradicional do trío Abril, formado por Marina Carpente ao violín, Claudia Abril á voz e pandeireta e Antón Lago á guitarra clásica, que interpretou a Xota de Parada de Achas, o Valse e xota de Barro de Arén, o Pasodobre Bembrive e a Muiñeira de Caroi. O claustro da actual edición da Escola e as dez autoras galegas que participaron na obra “Ti non sabes o que é ser escritora”, xurdido ao abeiro do Manifesto de Soutomaior, tamén puxeron voz a textos literarios.
Para a presidenta provincial, Carmela Silva, a actividade da Escola de Letras e os tres libros xa editados “son mostra do magnífico talento literario que temos nesta provincia e que buscamos sacar á luz” “Todas sabemos o importante que é a literatura.
Cos libros viaxamos, coñecemos outros mundos, emocionámonos, encontramos personaxes que nos marcan e, sobre todo, acompáñannos nos momentos nos que os necesitamos. A lectura é un dos praceres que temos a sorte de desfrutar nesta vida e actos como este son necesarios para poñer en valor todo o esforzo creativo que temos ao noso redor, subliñou Silva.
Pola súa banda, o director de Galaxia e da Escola Francisco Castro destacou a importancia de que os que participaron nos cursos levados a cabo “agora sexan oficialmente autoras e autores ao figurar nun libro que se venderá en todas as librarías de Galicia”.
O editor sinalou tamén que a Escola das Letras “estase a converter nunha fábrica e canteira de escritoras e escritores, como demostra o feito de que algúns xa publicasen e outros libros estean de camiño”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas