O equipo de xadrez da Universidade é todo un referente en Galicia
En 2013 contarán con 5 equipos en categoría federada, 3 no campus de Vigo e 2 no de Ourense
A Primeira División Nacional é unha das ligas máis potentes do mundo de xadrez. Ahí milita o equipo de Xadrez da Universidade de Vigo, todo un referente en Galicia e actuais campeóns autonómicos, destronando a un dos equipos máis potentes da categoría, a Escuela Kasparov-Marcote, un grupo profesional que levaba 19 anos seguidos no máis alto deste deporte.
Pablo García Castro é o coordinador da Sección de Xadrez da Universidade de Vigo, ademais de director da sección e capitán do equipo dende hai xa nove anos.
En xaneiro de 2013 arranca unha nova tempada da Liga Galega e ó grupo da Universidade de Vigo tócalles defender o título de campeóns. En 2013 disporán de 5 equipos en categoría federada, 3 no Campus de Vigo e 2 no de Ourense, sumarán un total de 51 xogadores.
O tema económico é o hándicap deste grupo ca que 'o tema do patrocinio supón un tema vital para a continuidade do equipo. Estamos no máis alto deste deporte, pero o apoio de moitos nomes propios e os recursos propios da Universidade de Vigo non son suficientes e é necesaria a entrada de recursos externos que ata o de agora non existen', comenta o capitán do equipo.
Á hora de valorar ós integrantes do equipo, Pablo García destaca especialmente 'a amizade, o sacrificio, capacidade de superación e paixón polo xadrez, é un denominador común de todo este grupo que foi capaz de escribir con letras douradas o nome da Universidade de Vigo.
Ademais do aspecto deportivo, dende a sección de Xadrez da Universidade de Vigo queren salientar o obxectivo principal da súa existencia que non é outro que o de achegar este deporte á sociedade e así amosar e facer partícipe á cidadanía dos múltiples beneficios do uso do milenario xogo do xadrez. Destaca tamén a utilización do xadrez como ferramenta pedagóxica dentro do proceso educativo dos nenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar