Eli Pérez e Gonzalo Lemos: “Os dereitos acadados non son agasallos que logo nos poidan quitar”

Las asociaciones Nós Mesmas y Avante destacan los avances logrados por el colectivo LGTBI+, pero alertan de un retroceso impulsado por los discursos de odio

Eli Pérez e Gonzalo Lemos: “Os dereitos acadados non son agasallos que logo nos poidan quitar” | Atlántico

Vigo conmemorará o Día do Orgullo o día 27 coa manifestación unitaria e actividades paralelas, máis ao longo de todo o mes se veñen a celebrar accións, organizadas por Nós Mesmas e Avante. Representantes destas organizacións, Eli Pérez e Gonzalo Lemos, visitaron o set de Atlántico TV para falarnos desta programación e da situación que está a vivir o colectivo LGTBI+.

A cancelación da festa do Orgullo por falta de financiamento causou conmoción, pero si que está a haber actividades.

EP. Si, a festa é só unha parte para ocupar as rúas e un espazo que moitas veces se nos foi negado, pero é só unha parte. Vai haber manifestación, e dende o día 5 levamos feito unha chea de actos que van seguir ata o final este mes.

De feito, mañá hai a pedalada do Orgullo que case coincide co Día da Bici de Atlántico; sae tamén dende Paseo de Alfonso só media hora antes, ás 11:30 horas.

GL. Así é. A pedalada acabará na nosa sede en Torrecedeira a partir das 12:30 horas, onde se celebrará a sesión vermú. Xa é tradicional tódolos anos e sempre o pasamos moi ben. É un lugar de encontro.

En Vigo, o día do Orgullo vén reclamando en Vigo visibilidade para o colectivo dende 2009. Como evolucionou a situación?

EP. A evolución foi moi grande nestes 18 anos, dende que fixemos os primeiros actos na Praza da Constitución. Eramos sete persoas mortas de vergonza, facendo pequenas cousas. Isto foi medrando pouquiño a pouco. Cada vez hai máis xente e moita máis visibilidade. A sociedade tamén foi avanzando, notámolo na xente máis nova. A par que fomos gañando dereitos e visibilidade, o Orgullo medrou. Aínda así nos últimos anos sufrimos un retroceso que xorde dos discursos de odio de extrema dereita.

O colectivo é moi variado, pero pode que as mulleres trans sexan as que máis están no punto de mira.

GL. Os ataques LGTBIfóbicos ultimamente están sendo para calquera persoal colectivo e cada vez son máis, pero é certo que as persoas trans sempre están na boca de todas. Non se é realmente conscientes do sufrimento que se pode causar cun certo tipo de comentario. Xa non fai falla facer unha agresión física, senón que moitas veces estas persoas están illadas tamén socialmente porque non hai comprensión de todo o seu proceso.

Despois de tantos anos loitando por unha lei cando se conseguiu, foi satisfactoria?

EP. Hai cousas que non están, por exemplo quedaron fóra as persoas non binarias, carecen de dereitos incluso os menores. Non hai fondos suficientes para implantar a lei na súa totalidade. Hai melloras igualmente a nivel social, aínda que non se recibiu o apoio esperado doutros colectivos, que se comportan como se lle estivésemos roubando os dereitos. De feito, vai haber unha manifestación transfóbica en Vigo nestes días, especificamente en contra da Lei Trans. Son colectivos supostamente feministas que promoven o odio como a extrema dereita. Temos que ser consciente que non é unha simple lei, é a vida de moita xente.

É tolerante a mocidade?

GL. É complicado. Eu vou moito a dar palestras aos coles nestes días e hai de todo. É certo que moitas veces depende das actividades que haxan nos coles. En xeral a aceptación é bastante grande, aínda que sempre hai o rapaz que supoñemos dende a casa lle promoven outro tipo de valores contrarios á diversidade. Nos institutos, é idade é difícil e si que nos atopamos moitas veces cun discurso que bebe da extrema dereita directamente, incluso xorden situacións moi incómodas para as persoas que damos as palestras. Obviamente hai xente cunha mentalidade máis predisposta á diversidade, pero vemos nos institutos un retroceso neste tipo de valores.

Albíscase algún momento de optimismo?

EP. Estamos en retroceso. Non sei se son moi negativa, pero penso que despois duns anos de avanzar moito cara á igualdade dentro do feminismo, agora atopámonos coa contra. Basta ver o que se aprobou en Europa contra as persoas migrantes. O fascismo está gañando espazo en tódolos sentidos. Os dereitos acadados non son agasallos que logo nos poidan quitar a gusto de quen estea mandando. É algo que temos que seguir gritando e defendendo porque o futuro é un pouco complexo.

Que tipo de asesoramento dan dende as asociacións?

EP. Hai de todo. Temos moita solicitude de atención psicolóxica e de apoio especializado porque é máis difícil atopar a un especialista en identidade de xénero e nos procesos de aceptación. Hai moitas persoas migrantes solicitantes do selo, moitas fuxindo. Tamén facemos acompañamentos. Hai moita xente que quere participar nas actividades.

Contenido patrocinado

stats