Ecos do “Me Too” de Navia
25N
O 25N terá unha conmemoración especial na Escola Superior de Arte Dramática, preparada por un comité no que colaboran mulleres de distintos ámbitos do centro
Mulleres da Escola de Arte Dramática queren facerse oír e o 25N farano. Son alumnas, profesoras e Persoal de Administración e Servizos (PAS) que se xuntan e colaboran de xeito asembleario. “Aquí non nos gusta facer distincións, fomos todas mobilizadas por ‘As feministas’, un grupo de mulleres da ESAD e todas temos a mesma voz”. Así, o que di unha vale para todas, polo que prefiren non identificar as declaracións, aínda que puntualizan que as súas opinións non son representativas de toda a comunidade do centro.
“Creo que o que pasa nesta escola é o que acontece no resto da sociedade; dende a miña opinión aquí xógase cunha marxe tan xusta que se ‘permite’ tocar para corrixir e iso pode favorecer o abuso, porque se poden confundir as posturas e pasar os límites”.
Esta opinión dunha traballadora do centro é respaldada polo punto de vista dunha das alumnas presentes, quen considera que “o rol do profesor e do alumno non está definido e os docentes non cren que teñan que pedir permiso para tocar, pero eu penso que se non o fan están traspasando a liña”.
Para a súa compañeira o grave da situación é que é un comportamento asumido, “como o está que os camareiros teñan xornadas de 14 horas, se iso non pode ser, tampouco pode ser ese colegueo forzado; para min é violencia pasiva”. E engaden que “moito ten que ver coa natureza da propia escola, coas relacións de poder, as xerarquías, as organizacións de espazos. Non se cuestiona quen ten a autoridade artística ou quen ten que aprender de quen. É unha complexidade que favorece unha agresividade sutil”.
As docentes que acudiron a reunión marcan un antes e un despois nestas actitudes. “A partir do Me Too comenzouse a cuestionar o xeito entender o noso corpo na escea e no cine. Nós tivemos o noso propio Me Too que aconteceu ao mesmo tempo que o de Hollywood, e no 25N non podemos obviar iso, será unha celebración do feminimismo, porque aquí non se vai conmemorar do mesmo xeito que nun centro de primaria”.
Alumnas da ESAD denunciaron a tres profesores por acoso sexual e abuso 2020, caso que quedou arquivado. “Non se declararon culpables, nin inocentes, e cando non hai un recoñecemento claro dunhas condutas inapropiadas, non pode haber reparación, por tanto a violencia é estrutural”.
Volvendo as características peculiares da escola, as docentes consideran que “certos comportamentos xustifícanse ao estaren vinculadas cos procesos artísticos, xa que aquí non se prioriza o carácter pedagóxico, polo que xorden os favoritismos ou as relacións de poder”.
As estudantes recoñecen que é difícil identificar cando unha actitude pasa a ser abuso. “Estamos marcadas pola educación dominante ata agora, pero queremos facer nosa propia historia, xerar a nosa narrativa feminista, poñendo voz e palabras”.
Docentes da escola están a realizar un protocolo de sexo e xénero na que se establece a relación entre alumnos e traballadores, pero “é voluntarista porque non conseguimos un quórum no claustro para crear unha comisión de Igualdade e non temos recursos”. Facendo a avogadas do demo atopan a explicación a esta situación como consecuencia da causa arquivada no xulgado. “Calquera acción que cheire a feminismo ou a Igualdade vese dende a sospeita”. E na mesma mesa respóndelle que “esa sospeita evidencia que hai un problema estrutural”. A ESAD si ten un Plan de Convivencia, onde se recolle un protocolo antiacoso por razón de sexo e de xénero, que aseguran, “no seu momento foi pioneiro”.
Amais conta cun protocolo de intimidade e de consentimento que marca o comportamento nas clases e nas funcións, regulando un acordo grupal sobre que nivel de contacto se admite. “Non temos posibilidade de saber se estas medidas funcionan o non porque tiña que ter un seguimento que non se fai”
Co ollar posto no 25N, dende o comité organizador formúlanse algo que reivindique a loita da propia escola. “Temos que facer memoria do feminismo nestas aulas, convocar un encontro interxeneracional”. Neste senso suliñan a peculiar alianza que se dá neste centro: “Non é habitual que as PAS se involucren tanto en accións como estas, onde tamén contamos o feminismo dende o mundo de profesorado. Esta efeméride amosa esa idea de unión”.
Reúnese cada luns para traballar nun evento con achegas de todo o equipo para que a súa mensaxe chegue a todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar