Dúas galerías de arte abren un debate sobre lugares escuros de Vigo

Os impulsores desta actividade lanzan varias preguntas que convidan a reflexionar e a debater sobre a temática dos espazos escuros

Una de las fotografías que se pueden contemplar estos días en las galerías.
Una de las fotografías que se pueden contemplar estos días en las galerías.

Dúas galerías de arte de Vigo, Ap´ostrophe e Diver-xente, axuntaron os seus espazos e recursos expositivos para o desenvolvemento dun proxecto que, baixo o título “Vigo no escuro”, trae a primeiro plano e converte en obxecto de debate, eses lugares da cidade que ao chegar a noite vólvense inquietantes e xeran temor e inseguridade nas mulleres que teñen que transitar por eles.

O programa desta iniciativa inclúe unha exposición de pintura de Alejandra Pardo, que se mostra estes días nas dúas salas de arte, unha proposta fotográfica colaborativa, un audiovisual, realizado por Xabier Viana, unha “performance” poética, a cargo de Alicia Savaxe e un debate aberto co que quedará clausurada a exposición de pintura de Alejandra Pardo o día 5 de maio.

Os impulsores desta actividade, Sara Pérez Bello, Álvaro Rodríguez e Ana Costas, lanzan varias preguntas que convidan a reflexionar e a debater sobre a temática dos espazos escuros: Que perigos reais entraña a escuridade? Que parte da poboación é a máis vulnerable? Existen lugares seguros para as mulleres? Quen adoita perpetrar a agresión, estatisticamente?

Non obstante subliñan que con este proxecto expositivo non se trata so de poñer en evidencia aspectos de diseño urbanístico.

“Os rincons escuros van existir sempre –sinalan– e constituen un símbolo do perigo que entraña para una muller ser vulnerable nunha sociedad machista, na que persiste a violencia de xénero e outras actitudes vexatorias. Pretendemos abrir debate con respecto ao que aínda queda por conseguir para ser un modelo de sociedade”.

“Non se trata só de analizar o concepto de cidade –indican– senón de ampliar o espectro e expornos todos os lugares habitables, exteriores ou interiores, como espazos acolledores e seguros para todas as persoas, sexa cal for o seu sexo, idade ou nacionalidade”, segundo indican.

“Mentres o mundo estea rexido e deseñado por unha banda da poboación –engaden–, para as mulleres seguirá sendo unha heterotopía, un espazo para a outredade, un Non lugar”, sinalan.

A exposición de pintura que está aberta nos dous espazos de arte, titúlase “So era un piropo”, e mostra unha serie de lugares en negro, pintados a carboncillo en gran tamaño, que chegan a transmitir desasosego no observador.

Polo que respecta á proposta fotográfica, a convocatoria dirixese a todas as persoas interesadas en achegar algunha fotografía dalgún lugar inhóspito de Vigo.

A exposición de pintura de Alejandra Pardo quedará clausurada tras o debate aberto que terá lugar o luns, día 5 de maio, a partir das sete e media da tarde, na sala Ap´ostrophe da Praza Elíptica.

Contenido patrocinado

stats